Inicio Galicia Cores Tourís informa aos concellos de Cuntis e Moraña sobre a reunión...

Cores Tourís informa aos concellos de Cuntis e Moraña sobre a reunión mantida co comité de emerxencia constituído en Caldas pola microalga no encoro do Umia

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, insistiu ante os alcaldes destes dous concellos que nunca houbo presenza de toxina no río nin no encoro o que se garante o seu uso para o consumo


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión cos alcaldes de Cuntis e Moraña co gallo de informarlles sobre a reunión mantida onte co comité de emerxencia constituido en Caldas de Reis pola microalga cianobacteria no río Umia e no encoro.

Na reunión o delegado territorial estivo acompañado do xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo-Montenegro, así como do xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González. Os tres transmitiron un mensaxe de tranquilidade para os alcaldes de ambos municipios, Luisa Piñeiro e Manuel Campos, xa que, tal e como se lle comunicou onte aos representantes políticos de Caldas, segundo os controis periódicos realizados tanto no río Umia como no encoro, nunha houbo presenza de toxina.“É importante explicalo ben: no río Umia, Sanidade non detectou toxina microcistina, producida por algunhas cianobacterias, tamén coñecidas como microalgas verdes-azuladas”, matizou o delegado territorial, quen sí confirmou que existe esa alga no río e no encoro aínda que por debaixo dos niveis preventivos da OMS. “De feito, non existe problema algún para o uso para o consumo da auga nos concellos de Caldas, Portas, Vilagarcía de Arousa e no resto de concellos da Mancomunidade do Salnés”, engadiu.

Leer más:  Se está investigando el fallecimiento de un hombre que fue encontrado semidesnudo y con signos de golpes en un cementerio en Rois (A Coruña)

Pola súa banda, ambos rexedores transmitíronlle ao delegado territorial que hoxe a situación do encoro visualmente “era moito mellor”. Durante a reunión, os alcaldes de Moraña e Cuntis transmitíronlle ao delegado territorial o interese de ambos municipios en que se leven a cabo, por parte de Augas de Galicia, de traballos de limpeza do río nas zonas expropiadas para a execución do embalse, en especial, retirada de maleza e de arborado.

Ademais, Cores Tourís informoulles tamén de que os técnicos de Auga de Galicia analizarán nas próximas semanas a necesidade de acometer algunha mellora na EDAR de Cuntis para minimizar a presenza desta microalga, en especial, a posibilidade de executar un pozo de decantación de cara ao inverno para frear a mestura das augas pluviais e residuais.


- Te recomendamos -