Inicio Galicia Carmen Pomar supervisa a rehabilitación integral do CEP Loís Tobío, de Viveiro,...

Carmen Pomar supervisa a rehabilitación integral do CEP Loís Tobío, de Viveiro, onde a Xunta invistiu preto de 420.000 euros

0

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, visitou o Centro, onde se levou a cabo unha reforma que supuxo o illamento da fachada, a renovación de ventás e a substitución de luminarias por outras de alta eficiencia enerxética, entre outras accións


A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, desprazouse esta mañá ata o norte da provincia de Lugo para coñecer de primeira man as actuacións de mellora levadas a cabo en distintos centros dos concellos de Viveiro, Foz e Xove, nos que o seu departamento leva investidos uns 800.000 euros en infraestruturas educativas no período 2009-2018.

Carmen Pomar, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou o CEP Loís Tobío de Viveiro, onde a Consellería vén de rematar unha rehabilitación integral (enerxética e funcional) das instalacións, que supuxo un investimento de preto de 420.000 euros.

A intervención, cofinanciada con fondos FEDER, supuxo o illamento da fachada mediante inxección de illante en cámara de aire mantendo o exterior de ladrillo cara vista, a substitución de ventás das aulas por carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, e a substitución de luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética. Todas estas medidas combinadas suporán un aforro enerxético anual do 35,35%. Así mesmo acometeuse a reparación e pintado do interior das instalacións.

Leer más:  Rueda desea encontrarse con Sánchez lo antes posible y tiene esperanzas de que la reunión con Puente ayude a hacer realidad las peticiones

Plan Dotación Infraestruturas EducativasEsta rehabilitación integral do CEP Lois Tobío enmárcase no Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas posto en marcha en 2016 cun orzamento global de 118,5 millóns de euros ata 2020. Dito Plan conta cun apartado específico de accións de mellora da eficiencia enerxética, que no presente ano 2018 supón un investimento de preto de 4,5 millóns de euros en obras de mellora enerxética en 9 centros educativos das catro provincias.

O obxectivo destas intervencións é a mellora das infraestruturas escolares co fin de ofrecer unha maior confortabilidade aos seus usuarios á vez que acadar un aforro nos custes de mantemento dos edificios -derivado dun menor consumo de luz e calefacción-, á par que se xeran novas oportunidades de emprego, a través da participación no deseño dos proxectos de arquitectos novos. Ademais, contribúese a un modelo de desenvolvemento sostible e á concienciación e sensibilización dos máis pequenos na importancia do coidado do medio ambiente.

Desde a súa posta en marcha, en 2016, a Consellería leva investidos máis de 13 millóns de euros en obras de rehabilitación enerxética e integral de 29 centros escolares (todos eles foron construídos hai décadas) ao longo de tres anos.

Leer más:  Un adolescente que jugaba en un equipo de voleibol de San Sadurniño (A Coruña) fallece en un hotel de Benicàssim

Na provincia de Lugo, ademais de no CEP Lois Tobío de Viveiro, a Consellería acometeu proxectos similares nos CEIP Veleiro Docampo (Castro de Rei), CPI Virxe do Monte (Cospeito), CEIP Lagostelle (Guitiriz), CEIP Rosalía de Castro (Lugo), e CPI Luís Díaz Moreno (Baralla), por importe conxunto de 2’76 millóns de euros. E para o vindeiro ano 2019 está previsto acometer a rehabilitación integral dos CPI Ramón Piñeiro (Láncara) e CEIP Luís Pimentel (Lugo).

Visitas a Xove e FozTras visitar o CEP Lois Tobío de Viveiro, Carmen Pomar desprazouse a Xove para coñecer as instalacións do CEIP Pedro Caselles Rollán, un centro no que entre 2017 e 2018 se investiron preto de 50.000 euros para instalar pavimento vinílico en catro aulas, así como a substitución do chan e diversas melloras nas instalacións da cociña.

A conselleira de Educación rematou o seu percorrido no CEIP O Cantel, de Foz, onde a Xunta vén de rematar o arranxo da cuberta do pavillón polideportivo, unha obra que supuxo un investimento de case 66.000 euros e coa que se dá resposta a unha demanda da comunidade educativa do centro.

Leer más:  Mazaricos y Soutomaior han registrado pequeños terremotos hoy viernes

- Te recomendamos -