Inicio Galicia Carmen Pomar pon o foco no respecto á diversidade como vía cara...

Carmen Pomar pon o foco no respecto á diversidade como vía cara á excelencia educativa

0

A conselleira inaugurou hoxe en Santiago o programa Ronsel do Campus, promovido pola Asociación de Altas Capacidades de Galicia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, afirmou hoxe en Santiago que a excelencia educativa “só e posible desde o respecto á diversidade”. Pomar inaugurou o programa Ronsel do Campus, promovido pola Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC), onde insistiu en que todas as persoas “poden desenvolverse en plenitude cando se lles outorgan oportunidades de aprendizaxe axeitadas”.

A titular de Educación subliñou tamén a importancia da colaboración coas familias, para estimular as capacidades e responsabilidades sociais tanto na escola coma nos contornos sociais. Ademais, referiuse á necesidade de que o conxunto da sociedade se implique na igualdade de oportunidades para todas as persoas, en especial no eido educativo, para garantir recursos e contextos sociais xustos e equitativos.

Cómpre sinalar que a Consellería traballa xa na elaboración do protocolo para a atención do alumnado con altas capacidades, coa colaboración de ASAC e a Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo é que Galicia siga sendo a Comunidade co sistema educativo máis equitativo de España, tal e como reflicte o último informe PISA, e referente en atención á diversidade.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

O programa Ronsel do Campus é un espazo de encontro para as familias e que lles facilita experiencias creativas e a prol do coñecemento emerxente aos nenos e nenas con altas capacidades, a través de obradoiros artísticos, científico-técnicos, sociais ou tecnolóxicos. Trátase así de complementar o labor que xa se está a realizar nas aulas para favorecer o desenvolvemento integral do alumnado con altas capacidades. 


- Te recomendamos -