Inicio Galicia As piscinas do complexo deportivo de Monterrei abrirán as portas ao público...

As piscinas do complexo deportivo de Monterrei abrirán as portas ao público esta fin de semana

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense comprobou que as instalacións están listas para entrar en funcionamento


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada polo xefe de servizo de Deportes, Mario Guede, visitou as instalacións das piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei que o sábado que vén, día 23, abrirán de novo as portas ao público.

A nova temporada de verán prolongarase ata o mediados de setembro, estando previsto o peche das piscinas o domingo 16 de setembro. O recinto de Monterrei conta con seis piscinas: unha piscina con efecto de ondas, outra cun tobogán acuático, unha infantil e tres de adultos.

Ademais estas instalacións contan con dúas pistas polideportivas, estadio de atletismo, catro canchas de tenis, dúas pistas de padel e unha ampla zona verde e de ocio.

Díaz Mouteira comprobou que as instalacións están listas para entrar en funcionamento, despois da realización de diferentes traballos de posta a punto da infraestrutura despois dos meses de inverno. Estes labores consistiron na substitución dun compresor e na reparación do solo, acondicionamento do tobogán e encintado da plaqueta do solo e paredes laterais da piscina de ondasA delegada territorial subliñou que as piscinas do complexo de Monterrei acollen nos tres meses de apertura unha media de 75.000 persoas cada ano e que contribúen a aliviar as altas temperaturas que se rexistran en verán nesta provincia do interior de Galicia. O prezo das entradas para acceder ás instalacións acuáticas manténense desde ahi dous anos. Así, a entrada para os maiores de 18 anos custa 2,30 euros e a de menores, 1,30 euros. O acceso para os cativos menores de 4 anos é de balde. Ofrécese tamén a posibilidade de adquirir bonos de 10 entradas que abaratan o acceso ás piscinas cun prezo de 10 e 20 euros, para menores e maiores de idade, respectivamente.

Leer más:  Diego Calvo solicita al Ministerio de Transportes que tome en serio las infraestructuras de Galicia

O horario de apertura establécese, como anos anteriores, de 12.00 a 21.00 horas. 


- Te recomendamos -