Inicio Galicia Artesanía de Galicia participa na festa do melindre de Melide con exhibición...

Artesanía de Galicia participa na festa do melindre de Melide con exhibición e venda do traballo de sete artesáns

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegaranse mañá ata a XXVII edición deste evento que se desenvolverá durante toda a fin de semana nesta localidade coruñesa

A Praza do Convento de Melide acolle este fin de semana unha mostra de Artesanía de Galicia na que sete obradoiros artesanais de oficios como a xoiería, a marroquinería, a talla de madeira, a cerámica ou a pratería venderán e exhibirán os seus produtos no marco da XXVII Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide. A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, acompañada pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegaranse mañá ata o evento, declarado de Interese Turístico Galego no ano 2013.

A mostra, organizada pola Asociación Galega de Artesáns e que conta coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia, ten por obxectivo mellorar a comercialización do produto artesán feito na nosa Comunidade e servir de vía de promoción do traballo dos creadores amparados na marca Artesanía de Galicia, e estará aberta o sábado a partir das 12.00 horas e o domingo a partir das 11.00 horas.

Leer más:  Termina sin acuerdo la reunión entre personal de ambulancias de Vigo y Consellería

Os sete obradoiros que participan nesta feira son: Taller Sur (Moaña), Zimzelatum (Gondomar) e Paz Navas (A Coruña), con produtos de xoiería e pratería; Artesanía Chueco (A Coruña) e Artesanía en coiro Chorima (O Porriño) con pezas de marroquinería; así coma os obradoiros Pilar Piñeiro – Cerámica (Cangas do Morrazo) e o obradoiro Verdecima Tallas de Madeira (Mos).


- Te recomendamos -