Inicio Galicia Anxo Lorenzo transmítelle aos editores o compromiso da Xunta coa proxección do...

Anxo Lorenzo transmítelle aos editores o compromiso da Xunta coa proxección do libro galego nas feiras internacionais

0

Galicia estará presente nas últimas citas deste 2018, en Liber Barcelona, na Feira do Libro de Frankfurt e na FIL de Guadalaxara (México), con espazo para os editores e creadores galegos promovido pola Consellería de Cultura e Educación


O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, trasladoulle hoxe á directiva da Asociación Galega de Editoras o compromiso da Xunta de Galicia coa proxección exterior do libro e o sector editorial galego. Fíxoo durante a xuntanza que mantivo esta mañá co vicepresidente do colectivo, Henrique Alvarellos, e a secretaria técnica, Silvia Bello, e na que tamén participaron a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal e a xefa do Servizo do Libro, Dolores Tobío.

O secretario xeral de Cultura comunicoulles aos representantes da AGE o remate do proceso de contratación para a participación de Galicia nas últimas feiras internacionais deste ano, Liber Barcelona, do 3 ao 5 de outubro; a Feira do Libro de Frankfurt, do 14 ao 18 de outubro, e a FIL de Guadalaxara (México), que terá lugar do 24 de novembro ao 2 de decembro. O investimento de máis de 100.000 euros (106.000 euros) permite que editores e creadores galegos teñan espazo propio e servizos nestas citas culturais de referencia mundial.

Leer más:  Rueda espera un resultado "esclarecedor" en Cataluña y se alegra de la "estabilidad" que tiene Galicia

A Asociación Galega de Editoras trasladáralle a principios de ano á Secretaría Xeral de Cultura a súa petición de apoio para participar en Liber e Frankfurt. Esta solicitude concrétase agora cun stand propio de 36 m2 en Liber e de 24 m2 en Frankfurt, e a presenza dunha persoa funcionaria do Servizo do Libro con labores de coordinación. Ademais, Galicia terá presenza na FIL de Guadalaxara (México), do 24 de novembro ao 2 de decembro, con stand propio de 18 m2 e. Ata alí se desprazarán, co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, os escritores Manel Loureiro, Arantxa Portabales e Rosalía Fernández Rial, e unha ilustradora, cunha ampla axenda de actividades de promoción e posta en valor do libro galego.

Anxo Lorenzo e os representantes da AGE analizaron, así mesmo, as vías de colaboración para impulsar a proxección exterior da cultura galega e para favorecer novas oportunidades comerciais para o sector editorial galego de cara ao vindeiro ano 2019.

Presenza en citas internacionais durante todo o anoDurante este ano 2018, a Secretaría Xeral de Cultura apoiou, ademais, a proxección exterior do libro galego con iniciativas como a edición do Galician Books for Children & Young Adults, un catálogo trilingüe para dar a coñecer a produción galega máis recente dirixida ao público infantil e xuvenil na primeira cita internacional do ano, a Feira Internacional de Boloña. Destacada presenza galega tivo tamén a Feira Internacional do Libro de Buenos Aires, un dos principais encontros culturais de América, na que Galicia está presente desde a primeira edición.

Leer más:  En marzo, Galicia contabilizó más de 5 millones de pasajeros de autobús urbano, lo que representa una disminución del 5,1% con respecto al año pasado

- Te recomendamos -