Inicio Galicia Ángeles Vázquez aborda cos sindicatos agrarios a necesidade de conxugar o medio...

Ángeles Vázquez aborda cos sindicatos agrarios a necesidade de conxugar o medio ambiente cos intereses do sector primario

0

A conselleira de Medio Ambiente mantivo hoxe unha primeira toma de contacto con representantes de Unións Agrarias, do Sindicato Labrego Galego e da Asociación Agraria de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde con representantes dos tres principais sindicatos agrarios galegos –Roberto García por parte de Unións Agrarias, Francisco Bello en nome da Asociación Agraria de Galicia, e Isabel Vilalba polo Sindicato Labrego Galego-, cos que abordou algúns dos problemas e demandas que máis preocupan a este sector.

Entre os asuntos tratados estivo a problemática do xabaril e os danos causados polos ataques deste animal a explotacións agrogandeiras. Neste sentido, a conselleira comprometeuse a prestar unha atención especial a este problema e impulsar medidas e solucións de forma consensuada co sector a través do grupo de traballo multidisciplinar creado para a xestión do xabaril e no que participan tamén os sindicatos agrarios.

Durante o encontro, que lle serviu á conselleira como primeira toma de contacto co sector tras asumir as súas novas responsabilidades dentro do Goberno galego, Vázquez Mejuto incidiu na necesidade de compatibilizar a conservación da natureza e a preservación do medio ambiente cos intereses do sector primario, un obxectivo para o que solicitou a colaboración das organizacións agrarias galegas. 

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

- Te recomendamos -