Inicio Galicia Almuiña defende que o interese do Sergas é garantir a calidade e...

Almuiña defende que o interese do Sergas é garantir a calidade e seguridade de asistencia sanitaria en Povisa e manter o emprego estable no centro

0

Esta maña, representantes de Povisa e do Sergas chegaron a un acordo adicional con varias medidas que permitirán facer máis eficiente a execución do concerto

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, salientou o acordo adicional acadado esta mañá entre representantes do Sergas e Povisa para poñer en marcha varias medidas que fagan máis eficiente a execución do concerto. Neste senso, Almuiña destacou que as dúas premisas coas que traballa o Servizo Galego de Saúde en relación a Povisa son “a de seguir mantendo o nivel de calidade asistencial da poboación asignada e a de manter a estabilidade dunha excelente plantilla de profesionais”.

Con relación ao acordo acadado hoxe, Almuiña destacou que “o Servizo Galego de Saúde asumirá a medicación ambulatoria para pacientes externos de Povisa. Pola súa banda, Povisa manterá as labores propias do servizo de farmacia hospitalaria no control destes medicamentos”. Outra das medidas acordadas será deixar de facturar a medicación considerada de alto impacto destes pacientes externos, que se entregará directamente polo Sergas. Ao respecto da medicación deste tipo administrada antes do acordo, acordouse o abono polo Sergas da parte da que existe conformidade e someter ao criterio do Consello consultivo de Galicia as alegacións feitas por parte de Povisa como solución para a parte pendente de tramitación.

Leer más:  El sector aeroespacial gallego está perdiendo aproximadamente un 15% de posibles pedidos debido a la falta de personal cualificado

Ademais do programa de redución de lista de espera (PERLE) para pacientes asignados a Povisa xa realizado neste ano, Almuiña remarcou que o acordo especifica tamén a realización de actividade adicional como a atención a pacientes en lista de espera da EOXI de Vigo, e a realización e seguimento de probas complementarias a pacientes que proveñan do programa de cribado de cancro de colon.

Así mesmo, Almuiña afirmou que poderá realizarse facturación de procesos fóra do concerto, como acordar prezos específicos para os servizos que non estean recollidos do Decreto de Tarifas ou aqueles para os que se considere necesario polas súas condicións específicas ou o seu volume. Tamén quedarán fixados importes máximos para a facturación da asistencia prestada á poboación de referencia de Povisa nos centros dependentes da EOXI de Vigo e da emitida por parte de Povisa pola asistencia prestada á pacientes non pertencentes a súa poboación asignada e para as súas unidades de referencia do área (como son queimados, cirurxía da man e maxilofacial).

Leer más:  Desde este jueves, se prohíben las quemas agrícolas y forestales realizadas por particulares

Jesús Vázquez Almuiña quixo tamén remarcar que o interese do Sergas polos traballadores, xa ven sendo público e manifesto dende o ano 2006 no que se formalizou un documento denominado Acordo Básico pola Saúde na Área sanitaria de Vigo entre a Consellería de Sanidade e a dirección de Povisa. Este documento tamén contou coa participación de representantes das Organización sindicais mais representativas, da confederación de Empresarios de Galicia e da Universidade de Vigo, e no que se recollía a necesidade de manter con Povisa un concerto na súa configuración como hospital xeral con atención integral.


- Te recomendamos -