Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Vila de Cruces, parroquia...

Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Vila de Cruces, parroquia de Toiriz

0

Segundo as últimas estimacións, o lume rolda as 20 hectáreas de superficie

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora rexistrado no concello pontevedrés de Vila de Cruces, parroquia de Toiriz.

O lume comezou ás 18,39 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para extinguir este incendio mobilizáronse 3 axentes, 10 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa y se da a la fuga

- Te recomendamos -