Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia...

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Penouta

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Penouta, que afecta unhas 20 hectáreas.

O incendio comezou ás 12,20 h. e nel traballan 1 axente, 5 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  El "treatro ambulante" llega a más de 100 ayuntamientos gallegos con el espectáculo 'De Vilatriste a Vilalegre'

- Te recomendamos -