Inicio Galicia Ábrese o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros...

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros e material escolar e o acceso ao fondo solidario

0

Unha das principais novidades é a posibilidade de que as familias tamén poidan presentar as solicitudes de xeito telemático

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende mañá ata o próximo día 22 de xuño (incluído). A convocatoria pode consultarse no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180521/AnuncioG0164-110518-0001_gl.html .

O importe total habilitado pola Consellería para o financiamento das axudas e do fondo solidario ascende a case 12,6 millóns de euros a razón de 5,4 millóns para os vales de material escolar, 4,6 millóns para as axudas de libros de texto, e 2,6 millóns para a adquisición –por parte dos centros educativos- de libros de texto complementarios aos existentes no Fondo Solidario, co fin de garantir a súa dispoñibilidade ao alumnado con nivel de renda que lle dea dereito ao citado fondo.

As solicitudes poderán presentarse por primeira vez por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Leer más:  Galicia insta al Gobierno a reformar el sistema de financiación de las Comunidades Autónomas para lograr una prestación equitativa de servicios

Axudas á compraAs axudas da Consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e o alumnado matriculado en Educación Especial.

Os requisitos de renda e as contías das axudas son as seguintes:Educación Primaria:Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400,00 euros: 170 eurosRenda per cápita familiar superior a 5.400,01 e igual ou inferior a 9.000: 90 eurosAsí mesmo, mantense que, o alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

Ademais, os menores de 1º e 2 de Primaria que se encontren en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima (170 euros), e non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

Fondo solidarioNo caso do Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, ao igual que nos tres anos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terán preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

Leer más:  El nuevo equipo del Sergas comunica a los sindicatos su disposición al diálogo y a continuar con los cambios en su primer encuentro

De darse o caso de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario para dar unha cobertura igual á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas, o centro adquirirá os libros complementarios que sexa necesario. O obxectivo é garantir que o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros e o que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) teña garantido o acceso a 6 libros, e que o que teña renda per cápita de entre 5.400,01 euros e 9.000 acceda a 4 manuais.

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar, ter devolto os libros dos cursos anteriores.

Procedemento máis sinxeloA nova convocatoria establece un procedemento máis sinxelo e áxil para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado nestes cursos e que, a xuízo do centro, non poida empregar libros de texto ou material dispoñible. De constatarse esta circunstancia, poderá expedirse un vale (segundo o curso e o nivel de renda), para adquirir os libros ou material didáctico complementario e específico que o centro determine en cada caso.

Leer más:  La Xunta afirma que el impacto del fallo del TC sobre construcciones ilegales en la costa será "mínimo"

Axudas para material escolarO destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

O alumando en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Datos curso 2017/18No curso 2017/2018 concedéronse un total de 28.034 axudas á adquisición de libros de texto e 99.759 axudas para a adquisición de material escolar. Ademais, o fondo solidario de libros de texto distribuíu un total de 640.130 manuais, dos que só foi necesario adquirir o 12,41%.

En definitiva, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chegou este ano co programa de Gratuidade Solidaria para libros de texto a case 138.164 alumnos, ben a través do fondo (110.130), ben das axudas (28.034). 


- Te recomendamos -