Inicio Galicia A Xunta ultima os preparativos para a inmediata posta en servizo do...

A Xunta ultima os preparativos para a inmediata posta en servizo do novo centro de día de Cambados

0

Recibirá os primeiros usuarios no próximo mes de setembro, cando rematen os preceptivos trámites administrativos para a adxudicación de prazas

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez Muíños, visitou esta mañá, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e membros da corporación municipal de Cambados, o novo centro de día desa localidade pontevedresa.

Na visita estivo presente tamén un representante da empresa adxudicataria da xestión do centro, a UTE conformada polas empresas Servizos Asistenciais Riazor S.

L. e Atendo Calidade S.

L, que coordinou co xerente do Consorcio aspectos necesarios para a inmediata posta en servizo deste recurso para os maiores de Cambados e da comarca do Salnés.

Compre lembrar que o primeiro concurso convocado en xaneiro polo Consorcio para adxudicar a xestión deste centro, que estaba reservado para centros especiais de emprego -aqueles que contan con a lo menos un 70% de discapacitados entre o seu persoal-, quedara deserto por ausencia de ofertas de empresas dese tipo.

Leer más:  Sanidade reemplaza a los gerentes de las áreas sanitarias de Santiago, Ourense y Ferrol

Esa circunstancia levou a reiniciar todo o proceso de licitación, cun concurso xa aberto a todo tipo de entidades e empresas que cumpriran o prego de condicións, o que motivou unha inevitable demora no calendario previsto para a posta en funcionamento do centro para maiores cambadés.

En calquera caso, o xerente do Consorcio avanzou que “os primeiros usuarios do novo centro de día de Cambados, que ten unha capacidade máxima de 40 prazas, pero que iniciará a súa andaina con 20 usuarios -cifra que se pode ir aumentando en función da demanda existente-, comezarán a chegar no próximo mes de setembro”. “Será unha vez que se teñan completado”, explicou, “os preceptivos trámites administrativos para a adxudicación das prazas, sempre tendo en conta que se trata dun recurso incluído na carteira de servizos de atención á dependencia”.

A Xunta investiu na construción do centro para maiores de Cambados un total de 800.000 euros, contía á que se sumou posteriormente un montante de algo máis de 70.000 euros para o equipamento do centro. Eses 70.000 euros foron sufragados nun 75% polo Consorcio e, no 25% restante, polo Concello, de acordo co convenio asinado entre ambas as administracións para tal fin.

Leer más:  Investigará la causa de la desaparición de una de las torres en el Castro de Elviña durante una campaña arqueológica

- Te recomendamos -