Inicio Galicia A Xunta traslada á comisión de seguimento dos GES as súas propostas...

A Xunta traslada á comisión de seguimento dos GES as súas propostas para seguir avanzando no mapa de emerxencias

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participaron hoxe nesta xuntanza, á que tamén asistiron representantes da Fegamp e das deputacións

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participaron hoxe na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais.

O obxectivo da xuntanza é seguir avanzando na mellora do mapa de emerxencias de Galicia, co obxectivo de prestar unha mellor asistencia, máis eficaz e rápida. Para acadar esta mellora, a Administración autonómica destacou a importancia da implicación do resto de administracións e lembrou que a Xunta xa reflicte o seu compromiso con este obxectivo nos orzamentos de 2019, onde recolle un importante aumento no investimento en emerxencias.

Na reunión de hoxe abordáronse, entre outros asuntos, o financiamento dos GES e as súas funcións, ademais da proposta da Xunta de incrementar o número de agrupacións. Tal e como ten trasladado noutras ocasións, a intención da Administración autonómica é crear ata 8 novos servizos de emerxencias, sempre contando coa colaboración de concellos e deputacións provinciais.

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

En materia de financiamento, a Administración autonómica reafirmou o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, aínda que solicitou unha maior implicación por parte dos concellos e das deputacións, que son os competentes na materia segundo a Lei de Emerxencias de 2007. En concreto, a Xunta trasladou unha proposta de financiamento, e quedou á espera da resposta do resto de administracións implicadas.

Xa no que se refire ás funcións, a Xunta corroborou a súa aposta pola especialización deste grupos en tarefas de protección civil e prevención de emerxencias, e limitar, polo tanto, a súa implicación noutro tipo de accións. 


- Te recomendamos -