Inicio Galicia A Xunta supervisa as obras de ampliación do CEP Altamira na localidade...

A Xunta supervisa as obras de ampliación do CEP Altamira na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas

0

A inversión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria neste centro escolar supera os 545.000 euros e o prazo de execución é de 4 meses


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o CEP Altamira na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas para comprobar o estado das obras de ampliación que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a acometer neste centro escolar.

Na visita, acompañado por Dolores Castiñeira, alcaldesa accidental, o xefe territorial da Consellería, César Pérez, e a dirección do centro, o representante autonómico puido comprobar que os traballos avanzan a bo ritmo e segundo o calendario previsto. Esta actuación supón un investimento de 545.042 euros e ten un prazo de execución de 4 meses.

Segundo informou o delegado, a intervención consistirá na demolición da cuberta para posibilitar a ampliación do edificio existente en 297,15 metros cadrados nos que se instalarán novos espazos destinados a aulas, cunha pasarela de comunicación co edificio principal do aulario. A ampliación suporá a creación de catro novas aulas, aseo adaptado, almacén de limpeza, escaleiras, distribuidor e pasarela.

Leer más:  Dos personas fueron liberadas después de que su coche volcara en la AP-9, en O Burgo, Culleredo (A Coruña)

Con 587 alumnos matriculados no pasado curso escolar, a Unidade Técnica da Xefatura Territorial valorou prioritaria esta actuación, tal e como sinalaron López-Chaves e Pérez Ares durante a visita. O CEP Altamira consta na actualidade dun edificio principal destinado a uso educativo de primaria, edificio administrativo e ximnasio.  


- Te recomendamos -