Inicio Galicia A Xunta salienta na Semana Verde de Galicia a súa aposta pola...

A Xunta salienta na Semana Verde de Galicia a súa aposta pola mellora da competitividade das empresas de economía social

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Silleda na xornada internacional de presentación do proxecto europeo Agrosmartcoop para fomentar a internacionalización das pemes do suroeste europeo

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe no recinto feiral de Silleda na xornada internacional de presentación do proxecto europeo Agrosmartcoop, unha actividade que forma parte da programación da Semana Verde de Galicia que se está a celebrar estes días na localidade pontevedresa.

A iniciativa, da que é socia Galicia, a través da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), está cofinanciada polo programa Interreg Sudoe e busca fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do suroeste europeo. Neste senso, Toca salientou a aposta do Goberno galego pola mellora da competitividade das empresas de economía social e puxo en valor o papel destacado das cooperativas no tecido produtivo de Galicia pola súa contribución para impulsar o emprendemento.

O obxectivo principal de Agrosmartcoop é crear un espazo para a promoción, interconexión e interacción intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo Sudoe poñendo a súa disposición estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio. Así, os tres grandes retos do proxecto son impulsar a innovación sustentable, o marketing intelixente e posibles colaboracións entre as cooperativas da zona Sudoe acollidas ao programa. Nova Aquitana, en Francia; Galicia, País Vasco e Castela A Mancha, en España; e o norte de Portugal. Varias cooperativas galegas xa estiveron no País Vasco, Bruxelas, Castela A Mancha e Burdeos e nos próximos meses desenvolverán visitas a Galicia e ao norte de Portugal.

Leer más:  Este mes el Gobierno designará al nuevo encargado de la Agencia de Supervisión de Inteligencia Artificial

A xornada celebrada hoxe en Silleda, á que asistiron técnicos das diferentes rexións que participan na iniciativa, tiña como finalidade dar a coñecer o proxecto.

Na xornada, ademais, a secretaria xeral de Emprego deu a coñecer os instrumentos de apoio que ofrece a Administración autonómica aos emprendedores no eido da economía social, entre os que cabe destacar as axudas que hoxe se activan para poñer en marcha os Laboratorios Cooperativos no rural, dúas liñas novas de apoio coas que se busca impulsar a creación de novas cooperativas ou sociedades laborais e, desta forma, darlle un pulo á economía social, un sector que conta con máis de 7000 entidades e 320.000 persoas e que contribúe a fixar poboación e crear riqueza no rural.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria prevé a través desta iniciativa, na que investirá 500.000 euros, o desenvolvemento de 15 laboratorios para a creación de 15 novas empresas ou sociedades laborais.

Os dous programas de axudas son compatibles e complementarias cos apoios do Aprol Economía Social, Aprol Rural e os de asesoramento da Rede Eusumo.

Leer más:  El pleno de As Pontes (A Coruña) no acepta la propuesta del BNG de declarar BIC las torres de la central térmica

A Xunta, a través da Axenda 20, destina este ano á economía social un orzamento que supera os 22 millóns de euros: 17 millóns, un 6,4% máis que en 2017, para fortalecelo e mellorar a súa competitividade e 5 millóns de euros a través do fondo de Xesgalicia para a creación de novos proxectos. 


- Te recomendamos -