Inicio Galicia A Xunta reitera o seu compromiso coa modernización do mercado de Pontedeume...

A Xunta reitera o seu compromiso coa modernización do mercado de Pontedeume como motor do comercio local

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou as obras de reforma, na que a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste máis de 531.000 euros

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou hoxe as obras de reforma da praza de abastos de Pontedeume, unha actuación na que a finais de este ano se levarán investido máis de 531.000 euros, achegados pola Xunta. Na súa visita, a directora xeral apuntou que este proxecto contribuirá á dinamización económica da localidade, convertendo o mercado nun motor do comercio local e potenciando o atractivo turístico da localidade.

A reforma lévase a cabo ao abeiro dun convenio de colaboración co Concello de Pontedeume e a Deputación da Coruña, cun importe total de 1,6 millóns de euros. As tres administracións veñen de aprobar unha addenda a este acordo para adecualo ao desenvolvemento das actuacións, o que implica que as administracións local e provincial deberán realizar as súas achegas o vindeiro 2019 para garantir o remate das obras de remodelación da praza de abastos.

Leer más:  Un adulto y un menor resultan heridos después de salirse de la vía y volcar su coche en Rois (A Coruña)

O proxecto de rehabilitación e ampliación do mercado municipal eumés porá en valor a edificación como patrimonio arquitectónico, revitalizará o comercio e reordenará o espazo inmediato. Estase a realizar unha reforma completa desta edificación histórica, que inclúe unha ampliación da superficie de mercado baixo a rasante da praza da Rúa de San Miguel para gañar espazo comercial. Ademais, prevese pasar de 9 a polo menos 16 postos. Existirán tamén espazos para servizos complementarios como cafetería, panadería, ou espazos multifuncionais.

120

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

A reforma destas instalacións en Pontedeume enmárcase dentro da liña marcada no Plan de Mercados Excelentes de Galicia 2016-2020 para impulsar a calidade e a competitividade das prazas de abastos galegas.


- Te recomendamos -