Inicio Galicia A Xunta reitera o compromiso cos nenos, nenas e adolescentes nas xornadas...

A Xunta reitera o compromiso cos nenos, nenas e adolescentes nas xornadas sobre Cidades Amigas da Infancia de UNICEFF

0

O responsable da área social do Executivo autonómico destacou a importancia de escoitar e respectar os puntos de vista dos nenos, nenas e adolescentes para que as súas necesidades e prioridades teñan realmente presenza nas políticas públicas


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe na segunda edición das xornadas formativas do programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF en Galicia. A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta actividade que baixo o título Estratexias e novas metodoloxías para promover a participación infantil e adolescente no ámbito municipal supuxo unha oportunidade para que persoal técnico e responsables políticos dos concellos coñeceran os obxectivos, traxectoria e liñas de traballo do programa.

O titular de Política Social participou nunha sesión cos nenos e nenas dos Consellos de Participación Infantil e Adolescente dos catro concellos que participaron nestas xornadas: Castrelo de Miño, Ourense, Tomiño e Teo, coa finalidade de coñecer de primeira man as súas inquedanzas. “Escoitar aos nenos, nenas e adolescentes e respectar os seus puntos de vista é moi necesario se realmente queremos que as súas voces, as súas necesidades, as súas prioridades e os seus dereitos teñan un papel fundamental nas políticas sociais das diferentes administracións”, apuntou.

Leer más:  La reserva de los embalses gallegos es del 88,16%, lo que supone dos puntos más que la semana anterior

Neste sentido, Rey Varela avanzou que o seu departamento autonómico está a tramitar un convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e UNICEF para a promoción, desenvolvemento e implantación do programa Cidades Amigas da Infancia. O obxectivo é promover a inclusión nas políticas públicas locais do enfoque da Declaración dos Dereitos do Neno, así como dar maior difusión a esta iniciativa e ás acción de formación que se organicen ao redor dela.

Por último, o conselleiro puxo de relevo o traballo de UNICEF en prol da infancia e do desenvolvemento sostible, “obxectivos nos que todos podemos e debemos comprometermos”, afirmou. O programa Cidades Amigas da Infancia, en marcha desde o ano 2002, ten como obxecto o deseño e implementación de políticas públicas eficaces para mellorar o benestar dos nenos, nenas e adolescentes, defendendo os seus dereitos, fomentando a súa participación e facendo das cidades contornas máis habitables, especialmente para a xente máis moza.


- Te recomendamos -