Inicio Galicia A Xunta recupera 80 hectáreas de soutos tradicionais con 9.500 castiñeiros no...

A Xunta recupera 80 hectáreas de soutos tradicionais con 9.500 castiñeiros no concello de Folgoso do Courel

0

Ángeles Vázquez visitou hoxe a zona onde se investirán 430.000 euros en beneficio dun cento de particulares

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, trasladouse hoxe ao concello de Folgoso do Courel para coñecer o proxecto que a Xunta está levando a cabo no municipio para a recuperación de soutos tradicionais de castaña. En concreto, esta iniciativa que se leva a cabo dende Medio Rural beneficia 80 hectáreas de terreo propiedade de ata un cento de particulares. A través dun investimento de 430.000 euros a consellería permitirá facer produtivos estes terreos nos que hai unhas 9.500 árbores.

Este proxecto ten coma obxectivo a posta en valor de dous soutos de lugares de Folgoso e Moreda, mediante a súa limpeza e recuperación para a produción sostible. A actuación, que comezou coa identificación de árbores e propietarios, está xa na súa segunda fase que pasa pola mellora dos viarios de acceso e o rozado das terras. Está previsto que no 2019 entre na súa última etapa coa poda das árbores e a mellora sanitaria das mesmas.

Leer más:  El primer viaje de Rueda del mandato será de carácter económico, con seis visitas a factorías en el sur de Argentina

Estas actuacións foron presentadas polos técnicos aos veciños da zona que puideron coñecer os pasos que se van seguir neste proceso. No acto tamén participou a alcaldesa, Dolores Castro, e o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois.

Pola súa banda, a conselleira destacou que a loita contra o abandono de terras é un dos obxectivos da Xunta de Galicia. Por iso, dende o seu departamento, ademais dos instrumentos clásicos para a recuperación de terras como as reestruturacións parcelarias, se desenvolven outras iniciativas máis áxiles por toda Galicia como esta do Courel para poñer terreos a producir. “Seguramente o camiño máis eficaz para combater o abandono das nosas terras agrarias consiste en recuperar o seu potencial produtivo volvéndoas a cultivar”, declarou Ángeles Vázquez.

Así, entre outros exemplos, a consellería está recuperando praderías para pasto na comarca dos Ancares e de Sober, neste municipio ademais tamén se aposta pola plantación de cereais. En Arnoia recuperouse unha finca para a produción de pemento baixo esta denominación de orixe e en Cualedro e Oímbra a produción centrarase na plantación de cereais, leguminosas e viñedos. Neste caso en concreto, ademais, preténdese loitar contra os lumes xa que o proxecto se desenvolverá en terras afectadas por incendios forestais. Neste senso, a titular de Medio Rural sinalou que estes proxectos teñen entre os seus beneficios o de evitar a expansión de posibles lumes forestais por parcelas abandonadas.“Estes proxectos, sen dúbida, servirán de acicate para outras zonas e outros emprazamentos, de maneira que a recuperación produtiva se converta nunha realidade palpable”, concluíu Ángeles Vázquez. 

Leer más:  El PSdeG propone a Luis Lago Lage para Organización, en una ejecutiva donde Carmela Silva sigue como presidenta

- Te recomendamos -