Inicio Galicia A Xunta recibe a 21 mozos e mozas que participan no intercambio...

A Xunta recibe a 21 mozos e mozas que participan no intercambio xuvenil ?I?m different just like you? ao abeiro do Erasmus+

0

Trátase de rapaces con discapacidade intelectual procedentes de Xeorxia, Portugal e España que están a adquirir coñecementos para empoderarse como persoas autónomas e independentes


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe en Narón cos mozos e mozas participantes no intercambio xuvenil I´m different. Just like you que durante unha semana visitan Galicia no marco do programa Erasmus+: Xuventude en Acción.

Durante os 12 días de duración do intercambio xuvenil un grupo de 21 mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos e con discapacidade intelectual procedentes de Xeorxia, España e Portugal experimentan, con formación práctica, recursos e ferramentas para empoderarse como persoas autónomas e independentes, erradicar estereotipos e dar un paso cara a súa plena inclusión social. Ademais, a través da alfabetización mediática, crearon documentos dixitais (visibles en redes sociais e medios de comunicación) para publicar en distintas canles de comunicación e redes sociais para reivindicar a necesidade da súa plena inserción social e a eliminación de todos os estereotipos, incluídos os de xénero.

Este intercambio xuvenil, organizado pola Asociación de acción Social, Educación Permanente e de Servicios á Xuventude e a muller Tempus e cun orzamento de 24.082 euros, é un dos 22 proxectos de mobilidade aprobados en Galicia na terceira quenda do ano 2017 do programa europeo Erasmus+: Xuventude en Acción. Son socios do proxecto a entidade Associacao de pais e amigos do cidadao deficiente mental de Viseu (Portugal) e Society Bridge to the Future de Tbilisi (Xeorxia).

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Os obxectivos deste proxecto son: traballar o sentimento de ser protagonistas do seu futuro e a autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual; fomentar a tolerancia e erradicar prexuízos sobre outras culturas e sobre a propia discapacidade intelectual; fomentar o espírito crítico e a análise social a través da alfabetización mediática; eliminar os estereotipos de xénero; dar a oportunidade de aprendizaxe intercultural nun entorno social e cultural real; fomentar a integración social das persoas con discapacidade intelectual; desenvolver o empoderamento persoal e social dos mozos e mozas participantes; dotar ás persoas participantes de ferramentas e habilidades sociais para favorecer a súa integración; aprender a importancia da intelixencia emocional; e contribuír á concienciación dos valores e expectativas da Unión Europea e do programa Erasmus+.

Cecilia Vázquez sinalou que “un dos obxectivos do programa Erasmus+ é promover a inclusión facilitando o acceso dos mozos e mozas que proceden de entornos desfavorecidos e con menos oportunidades. Erasmus+ é un programa creado para promover a mobilidade dos mozos e mozas europeos que fomenta a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural, ao tempo que apoia a empregabilidade e a inclusión de todos os mozos e mozas independentemente do contexto social, educativo ou cultural ao que pertenzan”.

A titular do departamento autonómico sinalou que no Consello de Ministros da Unión Europea- formación Xuventude celebrado o pasado 22 de maio adoptouse o Proxecto de Conclusións do Consello da Unión Europea sobre o papel dos xóvenes na construción dunha sociedade segura, cohesionada e equilibrada en Europa o cal indica que “a mobilidade dos mozos e mozas é fundamental para o intercambio de ideas e a difusión da innovación, para loitar contra o desemprego e abordar as cuestións sociais, para establecer relacións sólidas entre as persoas, axudar ao seu desenvolvemento persoal e alentar a adquisición de aptitudes interculturais e combatir os prexuízos e a discriminación”. Polo tanto, “se queremos unha sociedade inclusiva, cohesionada e segura para todos, esta mobilidade debe fomentarse”, engadiu.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destacou que Galicia é unha das Comunidades Autónomas máis activas dentro do Erasmus+, tanto polo número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos pola Unión Europea para contribuír ao financiamento da posta en marcha dos mesmos. Neste sentido, destacou que no ano 2017, ano conmemorativo do 30 aniversario deste programa, incrementouse o índice de participación na Comunidade Autónoma de Galicia no referido programa. Foron aprobados un total de 61 proxectos nos que participaron 1.548 mozos e mozas e cun orzamento de 1,2 millóns de euros, sen prexuízo dos proxectos aprobados noutros países europeos e nos que organizacións e mozos e mozas galegos participan activamente.

O programa europeo Erasmus+ para a educación, a formación, a mocidade e o deporte, con vixencia 2014 – 2020, ten entre os seus obxectivos específicos mellorar o nivel de aptitudes e competencias dos mozos e mozas; promover a participación na vida democrática en Europa e no mercado de traballo; a cidadanía activa; o diálogo intercultural; a inclusión social e a solidariedade; posibilitar ás persoas que traballan no ámbito da xuventude e aos mozos e mozas maiores oportunidades de mobilidade por motivos de aprendizaxe; potenciar a dimensión internacional das actividades xuvenís e o papel dos traballadores e organizacións no eido da xuventude como estruturas de apoio aos mozos e mozas.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

O programa estrutúrase en tres accións clave: mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe; cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas; e apoio ás reformas das políticas.

A titular do departamento autonómico sinalou que Erasmus+ é un dos proxectos de maior éxito da Unión Europea. Durante tres décadas ven ofrecendo, en particular aos mozos e mozas, oportunidades de adquirir experiencias e de ampliar os seus horizontes viaxando ao estranxeiro. “O que comezou no ano 1987 como un modesto programa de mobilidade para estudantes de educación superior creceu e enriqueceu as vidas de máis de 9 millóns de participantes directos”, asegurou Vázquez.


- Te recomendamos -