Inicio Galicia A Xunta pon á disposición das familias de Paradela unha casa niño...

A Xunta pon á disposición das familias de Paradela unha casa niño como recurso de conciliación e apoio á primeira infancia

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou esta nova infraestrutura que, neste momento, atende a 6 nenos con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde de Paradela, José Manuel Mato, visitou hoxe a nova Casa Niño Pitiños, recentemente aberta no municipio e salientou a importancia destes servizos tanto para o coidado dos nenos e nenas de 0 a 3 anos que viven en contornos rurais, pero tamén como recurso para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e social dos pais e nais.

Esta nova infraestrutura de benestar, que neste momento atende sen custe paras as familias a un total de 6 nenos e nenas en xornada de 9 a 17 horas, é unha das trece que están en servizo na provincia de Lugo grazas ao apoio e as axudas da Consellería de Política Social.

Balseiro sinalou que a posta en marcha destes equipamentos é unha mostra da aposta da Xunta de Galicia porque nos municipios rurais existan os mesmos recursos que nas cidades. De feito, o delegado dixo que as casas niño, emprazadas en concellos de menos de 5.000 habitantes favorecen a equidade no acceso aos servizos por parte de todas as familias con independencia do lugar de residencia; impulsan o autoemprego e a economía social grazas ao apoio aos promotores e contribúen á dinamización dos núcleos rurais e á fixación de poboación no territorio.

Leer más:  La lista de 500 pequeños municipios que prestarán asistencia a mayores por la Renta ha sido publicada por Hacienda, siendo 50 de ellos en Galicia

O delegado territorial apuntou que o Goberno galego seguirá estendendo as casas niño para crear unha rede máis ampla de recursos de conciliación no rural e, de feito, proximamente sairá adiante unha nova convocatoria de axudas, a terceira, para outorgar subvencións para o desenvolvemento de novos proxectos. As axudas, subvencionan a reforma e adaptación do inmoble e o seu equipamento e, complementariamente, prevese unha achega anual pola prestación da atención personalizada, destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andaina.

Esta medida forma parte das iniciativas que se contemplan no Programa de Apoio á natalidade (PAN Galicia) que a Consellería de Política Social está a desenvolver dende finais de 2015 con accións como a Tarxeta Benvida, o Bono Concilia e o Bono Coidado, a apertura de novas escolas infantís –con especial atención aos polígonos empresariais e industriais- ou o incremento das prazas sostidas con fondos públicos.


- Te recomendamos -