Inicio Galicia A Coruña A Xunta pon a disposición das familias de Malpica 41 prazas na...

A Xunta pon a disposición das familias de Malpica 41 prazas na escola infantil da Galiña Azul no curso 2018-2019

0

A taxa de cobertura pública para nenos de 0 a 3 anos nese concello coruñés é do 83,67%, moi por riba da recomendación da Unión Europea

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a escola infantil de Malpica, xestionada polo ente público da Consellería de Política Social.

O número de nenos matriculados no centro, que entrou en servizo no ano 2015, aumentou de xeito considerable nos últimos anos, pasándose de 28 pequenos en febreiro do curso 2015-2016 a 35 en febreiro do presente curso 2017-2018. Ademais, e á vista das solicitudes de praza xa rexistradas para o próximo curso (2018-2019), a previsión é que volva medrar o número de alumnos.

A escola infantil de Malpica manterá o próximo curso (2018-2019) a súa oferta de prazas, cun total de 41, o que sitúa a taxa de cobertura pública nese concello coruñés en escolas para nenos de 0 a 3 anos no 83,67%, moi por riba da recomendación da Unión Europea para os seus estados membros, así como da taxa de referencia do 50%.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

Esa oferta permite prestar servizo, ademais, non só ao concello de Malpica, senón tamén ofrecer recursos para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar a pais e nais doutros concellos da área que teñen elevada demanda de prazas, que carecen de escolas públicas -como Laxe- ou que non contan con centros da rede A Galiña Azul -como Cabana de Bergantiños-.

Cómpre destacar que as familias galegas disporán no vindeiro curso 2018-2019 de 10.264 prazas de 0 a 3 anos ofertadas nas 172 escolas da rede autonómica. Esta cifra supón 484 prazas máis que no actual curso, o que equivale a un aumento do 4,7%, que resulta da entrada en funcionamento de cinco novas escolas en Santiago, Lugo, Ourense, A Estrada e Mos, e do regreso á actividade da escola infantil de Santa Susana en Santiago logo das obras de mellora acometidas nela.

Estas prazas compleméntanse con aquelas sustentadas con fondos públicos en escolas tanto de iniciativa social como privadas, en centros de titularidade municipal, nas escolas infantís do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e da Universidade, así como as que se corresponden coas axudas do programa Bono Concilia. Así as cousas, no seu conxunto a Xunta porá a disposición das familias o vindeiro curso escolar 24.081 prazas de 0 a 3 anos, o que continúa situando a ratio de atención por riba do 40%, sete puntos máis que a media aconsellada pola Unión Europea.

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

- Te recomendamos -