Inicio Galicia A Xunta pídelle ao Concello da Coruña máxima transparencia e concreción coas...

A Xunta pídelle ao Concello da Coruña máxima transparencia e concreción coas licencias de primeira ocupación e no desenvolvemento do resto do ámbito do parque Ofimático

0

A Xunta convocou este encontro co Concello da Coruña, promotores e cooperativistas e representantes de Fenosa, logo de ter solicitado en varias ocasións á Administración local a convocatoria sen obter resposta

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, mantivo hoxe unha xuntanza cos axentes implicados no desenvolvemento do parque Ofimático, na que lle solicitou ao Concello máxima transparencia e concreción coas licencias de primeira ocupación e para o desenvolvemento do resto do ámbito.

Na xuntanza, o Goberno galego propuxo a sinatura dunha addenda ao protocolo asinado en agosto de 2016 entre as distinas partes para avanzar no densevolvemento do Parque Ofimático. Esa addenda, suporía adaptar o protocolo ao estado de cumprimento actual e recuperar un marco estable sobre o que avanzar, que permita rapidez nas licencias de primeria ocupación e garantías para o desenvolvemento do resto do ámbito.

A Xunta convocou este encontro de traballo co Concello da Coruña, promotores e cooperativistas do Parque Ofimático e representantes de Fenosa, logo de ter solicitado en varias ocasións á Administración local a convocatoria dunha xuntanza para abordar as obras de urbanización e non ter obtido resposta.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

O Goberno galego demandoulle ao Concello claridade e transparencia sobre os prazos previstos para o remate das obras de urbanización e a concesión de licenzas de primeira ocupación.

Vázquez Mourelle concretou que a Xunta, como propietaria maioritaria do solo do Ofimático, co 50% do total, ao igual que os promotores e cooperativistas, que teñen investido aquí os seus cartos, ten dereito a contar con información precisa.

Subliñou que para o Goberno galego o Parque Ofimático é un proxecto de enorme importancia, ao que está a destinar máis de 30 millóns de euros, dos cales xa se investiron máis de 12 millóns ao desenvolvemento das obras de urbanización, que está a executar o concello, e está previsto investir 19 millóns máis, entre obras de urbanización e a construción de vivendas de promoción pública.

Indicou que nestes momentos, a Xunta está traballando sen pausa na urbanización interior na parcela de propiedade autonómica, que se destinará a uso comercial e estará a disposición no verán.

Ethel Vázquez puxo en valor ao parque Ofimático como proxecto estratéxico para a cidade, xa que prevé a execución de 1.100 vivendas sociais, públicas e protexidas. Trátase dunha oportunidade de desenvolvemento económico e social para A Coruña, no que cómpre traballo conxunto de administracións.

Leer más:  El PPdeG solicitará en el Parlamento que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para administrar el litoral

O Executivo autonómico tamén está impulsando a construción de 40 vivendas de promoción pública, que está en proceso de adxudicación. Neste sentido, a Xunta agarda que o Concello non demore máis a concesión da licenza, necesaria para a execución das obras para poder avanzar neste proxecto de vivendas sociais cun orzamento de 5,5 millóns de euros.


- Te recomendamos -