Inicio Galicia A Xunta participou en Austria na xuntanza final do proxecto internacional Draw...

A Xunta participou en Austria na xuntanza final do proxecto internacional Draw the Line

0

O obxectivo final do proxecto é o de apoiar ás mulleres inmigrantes de cada un dos países socios a superar os prexuízos baseados no xénero

A Xunta participou en en Graz (Austria) na xuntanza final do do Proxecto internacional “Draw the line“: prevención da violencia sexual e o acoso.‘, xunto a organizacións de Austria, Bulgaria, Polonia, Reino Unido e Grecia.

Durante os día 17, 18 e 19 de abril, persoal da Secretaría xeral da Igualdade estivo colaborando no encontro internacional que tivo lugar en Graz (Austria), no marco do Proxecto "Draw the Line": Traza unha Liña. Trátase dun proxecto financiado pola Comisión Europea no marco do Programa Daphne III, programa que apoia dende 1997 proxectos dirixidos a combater e previr a violencia contra as mulleres, nenos, nenas e mocidade.

O obxectivo final do proxecto é o de apoiar ás mulleres inmigrantes de cada un dos países socios a superar os prexuízos baseados no xénero, e no caso de Galicia, formar a algunhas desas mulleres que viven aquí para que colaboren en axuden a entender e combater a violencia de xénero, traballando con elas para que se convertan en líderes da súas comunidades en Galicia e nesas comunidades exerzan como axentes multiplicadores ante outras mulleres inmigrantes que poden non ser conscientes das consecuencias do acoso sexual e da violencia.

Leer más:  El "treatro ambulante" llega a más de 100 ayuntamientos gallegos con el espectáculo 'De Vilatriste a Vilalegre'

En Galicia participaron no proxecto, 10 mulleres que actuaron como líderes nas súas comunidades (Peer leaders), formando e informando sobre os seus dereitos ás súas compatriotas. Así, constituíronse 5 grupos étinos/linguísticos procedentes de: América latinas, Brasil, Senegal, Romanía e Marrocos, que organizan sesións formativas e informativas en diferentes localidades galegas: A Coruña, Vigo, Ourense, Ferrol , Santiago, Lugo, Areixo e chegando a máis de 150 mulleres desas comunidades. O proxecto Draw the Line (Traza unha líña) iniciou a súa andaina en outubro do pasado ano 2016 cunha primeira xuntanza internacional en Londres. En abril de 2017 tivo lugar o segundo encontro en Sofía (Bulgaria), o terceiro desenvolveise en Atenas en outubro de 2017, finalizando agora en abril 2018 en Graz (Austria). 


- Te recomendamos -