Inicio Galicia A Xunta participa xunto ao director xeral para a Igualdade de Trato...

A Xunta participa xunto ao director xeral para a Igualdade de Trato e Diversidade na inauguración das xornadas ?Abrazar a Diversidade?

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella incidiu no firme compromiso do Goberno galego para garantir que todas as persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero poidan exercer plenamente os seus dereitos con dignidade e liberdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta tarde xunto ao director xeral para a Igualdade de Trato e Diversidade, Ignacio Sola, na inauguración do seminario “Abrazar a Diversidade: unha responsabilidade educativa. Accións formativas para combater o acoso escolar”.

Susana López Abella incidiu na presentación das Xornadas no firme compromiso do Goberno galego para garantir que todas as persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero poidan exercer plenamente os seus dereitos con dignidade e liberdade, e indicou que o camiño para avanzar cara a igualdade e a diversidade é a educación.

A titular de Igualdade indicou que é necesario concienciar, sensibilizar, informar e formar a toda a sociedade, especialmente aos xóvenes en conceptos como igualdade, dignidade, pluralidade, diferenza e rispeto á diversidade sexual, polo que é imprescindible o traballo dende o ámbito educativo.

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) y se da a la fuga

Finalmente, López Abella relatou algunhas das medidas postas en marcha polo Goberno galego en prol da igualdade de trato como son a Lei pola Igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI), sendo a nosa comunidade a primeira en contar cunha Lei que consolida o principio de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero das persoas LGTBI.

Ademais, a nosa comunidade participa no Proxecto europeo “Xuventude contra a Violencia de Xénero, que na derradeira edición estivo centrado na violencia contra as persoas LGTB; organiza tamén o Foro Galego de Educación en Igualdade “Diversidade sexual e convivencia”. Foi aprobado o Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de xénero e está en marcha a materia de libre configuración autonómica “ Igualdade de Xénero” e o ano pasado implantouse o ciclo formativo de FP superior “Promoción da Igualdade de Xénero”.

Para este curso 2018-2019, foi presentada a materia de libre configuración “Coeducación para o século XXI” dirixida ao alumnado de bacharelato co obxectivo de impulsar un cambio de valores, actitudes, roles e estereotipos que sustentan aa desigualdade de xénero a través dun modelo educativo que promova a equidade entre mulleres e homes en todas as súas dimensións.

Leer más:  El PPdeG solicitará en el Parlamento que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para administrar el litoral

- Te recomendamos -