Inicio Galicia A Xunta, o Ministerio de Fomento e o Concello de Lugo avanzan...

A Xunta, o Ministerio de Fomento e o Concello de Lugo avanzan na definición da estación intermodal da cidade co obxectivo de asinar en xaneiro un acordo co reparto das responsabilidades

0

Adif presenta os avances do anteproxecto do conxunto intermodal, para o que conta cos resultados iniciais dos estudos previos de alternativas realizados pola Xunta de Galicia


A Xunta, o Ministerio de Fomento e o Concello de Lugo constataron hoxe os avances na definición da estación intermodal da cidade co obxectivo de asinar no vindeiro mes de xaneiro un acordo de colaboración co reparto das responsabilidades. Así quedou fixado hoxe na xuntanza que mantiveron en Madrid a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Na xuntanza, Adif presentou os avances do anteproxecto do conxunto intermodal que está a elaborar e para o que conta cos resultados iniciais dos estudos previos de alternativas realizados pola Xunta de Galicia e achegados para a actuación.

As tres administracións acordaron a creación dun grupo de traballo para seguir conxuntamente a evolución do anteproxecto, que divide a actuación en cinco partes: estación de buses, accesos, terminal ferroviaria, praza e aparcadoiro.

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

Está previsto que antes de que remate o ano se poida coñecer o orzamento total da actuación, de forma que sexa posible negociar para establecer os compromisos económicos de cada administración e asinar o correspondente acordo de colaboración o vindeiro mes de xaneiro.

Ese acordo de colaboración, similar ao asinado noutras cidades coas intermodais en marcha, ten por obxecto establecer con claridade o reparto de responsabilidades das diferentes administracións sobre a infraestrutura.

A Xunta de Galicia realizou un estudo de alternativas e necesidades para o desenvolvemento da nova estación de autobuses que estableceu como ubicación óptima a parcela anexa á estación de ferrocarril.

Eses estudos, que concluirán nos vindeiros meses, avanzan xa que esa nova terminal integrada na estación de ferrocarril suporá un investimento de preto de 6,3 millóns de euros e contará cun máximo de 20 dársenas (15 de operación e 5 de regulación), ademais dun edificio de viaxeiros de 420 metros cadrados e un espazo de parada rápida e área de taxis. 


- Te recomendamos -