Inicio Galicia A Xunta iniciará mañá os traballos de reparación das escolas unitarias afectadas...

A Xunta iniciará mañá os traballos de reparación das escolas unitarias afectadas pola explosión de Tui

0

A Administración autonómica reforzará os Xulgados de Tui cun funcionario máis, a petición da xuíza que leva o caso

A Xunta de Galicia iniciará mañá os traballos de reparación das escolas unitarias afectadas pola explosión de Tui, despois de que hoxe a Garda Civil levantara o precinto das mesmas.

Os traballos centraranse nos cambios de cristaleiras na unitaria de Paramos, que na actualidade non ten alumnado pero que segue a ser responsabilidade da Consellería de Educación ao non estar desafectada; así como no cambio de cinco fiestras completas e do chan da escola unitaria de Souto-Guillarei, onde se viu afectada a aula que actualmente está en funcionamento e que conta con 10 alumnos que foron trasladados á unitaria de Baldráns.

Esta mañá visitou ambos edificios o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, en compañía dos responsables do CRA Mestra Clara Torres, do que dependen ambas unitarias, así como da concelleira de Educación de Tui, Milagros González, e de membros da Unidade Técnica da Xefatura Territorial.

Leer más:  Rueda sustituye a la dirección del Sergas e nombra a médicos de familia en dos puestos clave

A Consellería de Educación agradeceu a colaboración do concello e do equipo directivo e engade que se agarda que os traballos estean rematados a próxima semana para que os alumnos regresen á normalidade canto antes.

Por outra banda, a Xunta tamén asumiu a solicitude da xuíza encargada do caso e reforzará os Xulgados de Tui cun funcionario a maiores. 


- Te recomendamos -