Inicio Galicia A Xunta inicia un proxecto dotado con 500.000 euros para o abastecemento...

A Xunta inicia un proxecto dotado con 500.000 euros para o abastecemento de auga potable a dúas parroquias de Frades

0

As obras, que se iniciaron esta semana, contan cun prazo de execución de oito meses e permitirán a instalación de máis de 21 quilómetros de tubaxe


O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Frades, Roberto Rey, visitou o inicio das obras de abastecemento de auga ás parroquias fradesas de Moar e Añá, que foron adxudicadas por un total de 497.890 euros pola entidade pública empresarial Augas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Este proxecto, que ten un prazo de execución de oito meses, permitirá dotar de auga potable a todas as vivendas destas dúas parroquias. Para isto, será necesario o soterramento de 21.385 metros de tubaxe de PVC de diverso diámetro, dende os 160 milímetros ata os 63. A obra contará tamén con tres cruces en estradas provinciais mediante perforacións verticais.

Na visita, Ovidio Rodeiro destacou “o esforzo conxunto das administracións autonómica e local por dotar ao rural de servicios básicos como o abastecemento de auga potable, que redunda nunha maior calidade de vida do veciños e veciñas”. O delegado territorial tamén recordou que esta actuación permitirá “garantir un maior control sanitario na auga de consumo humano, xa que ata o de agora as vivendas destas dúas parroquias fornecíanse con pozos e traídas particulares”.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

Este proxecto está enmarcado no Plan de Abastecemento de Galicia incluído na Lei de Augas de Galicia, que ten como obxectivos garantir o abastecemento de auga potable a todos os núcleos de poboación superiores a 50 habitantes. Ademais, o plan tamén aposta por planificar as infraestruturas de captación, regulación, transporte, tratamento e distribución necesarias para garantir a subministración mesmo en períodos de seca.  


- Te recomendamos -