Inicio Galicia A Xunta inicia hoxe obras de reforzo dun noiro na estrada OU-536,...

A Xunta inicia hoxe obras de reforzo dun noiro na estrada OU-536, no concello do Pereiro de Aguiar

0

Cun investimento de máis de 48.000 euros, a realización destas actuacións contan cun prazo de execución de 3 meses

A Xunta inicia hoxe obras de reforzo dun noiro existente na estrada OU-536, á altura do Pereiro de Aguiar.

Cun investimento da Consellería de Infraestruturas e Vivenda de máis de 48.000 euros, as obras dispoñen dun prazo de execución de 3 meses.

Máis polo miúdo, o proxecto define as actuacións necesarias para a contención do noiro dereito da estrada OU-536, no Pq. 4+320, no lugar de Castadón, no concello ourensá do Pereiro de Aguiar. A intervención de reforzo do noiro, de 16 metros de altitude, consistirá na execución dun muro de contención de escollera formigonada.

O departamento de Infraestruturas da Xunta continúa a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, cumprindo co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións, co fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. 

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) y se da a la fuga

- Te recomendamos -