Inicio Galicia A Xunta inicia este luns as obras de mellora do firme na...

A Xunta inicia este luns as obras de mellora do firme na estrada LU-115, Outeiro de Rei ? Castro de Rei, que require o corte dun dos carrís de circulación

0

Estes traballos, que se desenvolverán ata o venres, enmárcanse na conservación ordinaria das infraestruturas viarias que o Goberno galego vén executando para garantir unhas estradas cómodas e seguras

A Xunta comeza este luns a execución de actuacións de mellora do firme na estrada LU-115, Outeiro de Rei (N-VI) – Castro de Rei (LU-113), que requirirán o corte dun dos carrís de circulación, dando paso alternativo polo segundo carril.

Estas obras, que se desenvolverán dende as 08:00 horas deste luns e ata o venres 28, ás 13:00 horas, están enmarcadas nos traballos ordinarios de conservación das infraestruturas viarias que o Goberno galego vén executando para garantir unhas estradas cómodas e seguras.

Os traballos consistirán na rehabilitación do firme ao longo dos 11 quilómetros de lonxitude da estrada de titularidade autonómica que discorre polo Concello de Outeiro de Rei, salvo o último quilómetro que está situado no Concello de Castro de Rei.

A execución das obras require o corte parcial durante a duración dos mesmos ao actuarse nos dous sentidos destas estradas de titularidade autonómica.

Leer más:  Miles de individuos protestan en Palas (Lugo) en contra de la fábrica de Altri: "Es una amenaza a nuestro estilo de vida"

- Te recomendamos -