Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de execución da senda peonil da estrada...

A Xunta inicia as obras de execución da senda peonil da estrada PO-226 entre O Souto e Silvoso no Concello de Moraña

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou o arranque dos traballos que contan cun orzamento de case 50.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Moraña co obxectivo de comprobar o inicio das obras de execución da nova senda da PO-226, entre O Souto e Silvoso.

Na visita estivo acompañado da alcaldesa da localidade, Luisa Piñeiro, así como do xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade de Pontevedra, José Luis Díez.

Os traballos executaranse entre os puntos quilométricos 3+430 e 3+650 e contarán cun orzamento que rolda os 50.000 euros.

O obxectivo destas obras é construír unha senda na marxe esquerda desta estrada, en formigón coloreado e cun ancho de 1,8 metros. A obra completarase coa instalación dunha tubaxe para a canalización do drenaxe e doutra para o alumeado, de cara a que, posteriormente, tal e como explicou Cores Tourís, o concello poida instalar farois sen afectar á senda.

Na actualidade, a zona onde se vai a executada a senda conta con cunetas de terra e sobreanchos, así como acceso a algunha granxa e unha zona de terraplén que obrigará a construción dun muro de contención, ademais de ter que retranquear unha liña eléctrica de baixa tensión e mover seis postes de liñas eléctricas e un de servizos telefónicos. No tramo anterior do muro de contención instalarase unha varanda metálica de protección para os peóns que irá ancorada ao muro.“Esta obra execútase trala solicitude realizada polo concello de Moraña”, engadiu o delegado territorial, “e se pon en marcha a través dun convenio polo que a Axencia de Infraestruturas comprométese a executar e financiar os traballos mentres o concello comprometeuse a por a disposición da Xunta os terreos necesarios e asumir a titularidade do dominio público viario no tramo por onde transite a senda”.“Non podemos esquecer que aínda que estamos a falar dun entorno rural, existe un importante tránsito peonil que discorre entre os núcleos de Silvoso e Souto, o que, ao carecer de sendas ou beirarrúas, provocaba un problema de seguridade viaria. Deste xeito, conectarase coas beirarrúas xa existentes e garantirase o tránsito de veciños por esta estrada con total seguridade”, explicou José Manuel Cores Tourís.

Leer más:  La lista de 500 pequeños municipios que prestarán asistencia a mayores por la Renta ha sido publicada por Hacienda, siendo 50 de ellos en Galicia

- Te recomendamos -