Inicio Galicia A Xunta inicia a cobertura do 100% das vacantes do servizo de...

A Xunta inicia a cobertura do 100% das vacantes do servizo de incendios forestais para este ano

0

Suporá contratar a 137 persoas, o maior número de prazas das últimas campañas contra os lumes

A Consellería do Medio Rural xa comezou o proceso para cubrir o 100% das prazas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (Spdif) tal e como se comprometera a conselleira Ángeles Vázquez de cara á temporada de alto risco deste ano. Esta decisión suporá a contratación de 137 persoas, o maior número de vacantes cubertas nas últimas campañas, e será o primeiro ano no que se completen a totalidade das postos.

De feito, publicouse xa o anuncio para dar cobertura a 93 postos de persoal laboral de nove e 12 meses do servizo contra incendios a través de traballadores fixos que a soliciten. En concreto, a selección farase mediante adscrición temporal e traballos de superior categoría. Hai prazas asignadas en todas as escalas do Spdif que completarán o dispositivos nas catro provincias galegas. Así, A Coruña contará con 20 novos traballadores, Lugo con 24, Ourense con 40 e Pontevedra con 9.

Unha vez finalizado este proceso, o resto de prazas que non sexan cubertas mediante o trámite anterior, así como as que queden dispoñibles a raíz dos movementos de persoal, serán completadas a través das listas de contratación temporal. Tamén se recorrera ás listas de contratación no caso dos 44 postos vacantes para traballadores de tres meses que se suman ao operativo durante a campaña de alto risco,Dáse así resposta a unha reivindicación histórica das organizacións sindicais que reclaman unha maior cobertura dos postos vacantes aos que a Xunta viña dando resposta segundo as dispoñibilidades orzamentarias. Así, este ano chegarase ao 100% de prazas cubertas, o que suporá un coste para a Consellería do Medio Rural superior aos 2,7 millóns de euros.

Leer más:  Queman intencionalmente un vehículo en Redondela (Pontevedra)

- Te recomendamos -