Inicio Galicia A Xunta impulsa unha experiencia de traballo cooperativo en Curtis a través...

A Xunta impulsa unha experiencia de traballo cooperativo en Curtis a través da apertura dun novo Espazo Emprende

0

Vázquez lembrou que os usuarios disporán de medios, así como de asesoramento personalizado e formación para a posta en marcha dos seus negocios e ideas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou esta mañá no Espazo Xove de Curtis unha novidosa iniciativa de traballo cooperativo ou coworking dirixida aos mozos e mozas da localidade. Bautizada como Espazo Emprende, porá a disposición dos seus usuarios tanto medios como asesoramento personalizado e formación para a posta en marcha das súas ideas e proxectos empresariais.Nesta liña, Vázquez subliñou que os Espazo Emprende están encamiñados “a ofrecerlle á mocidade un espazo onde desenvolver os seus proxectos pero tamén onde atopar unha serie de apoios que van desde o asesoramento para a constitución de empresas, acceso a financiamento e mercadotecnia ata accións formativas, de titorización e asesoramento individualizado e formación e coaching persoal”. E, ao fío, lembrou o “firme compromiso do Goberno galego cos novos emprendedores, que non son só o noso capital de futuro senón tamén de presente”.Así as cousas, os mozos e mozas que se animen a utilizar o Espazo Emprende terán a oportunidade de impulsar e potenciar a viabilidade das súas ideas de negocio desde un primeiro momento, aínda que as accións continuadas de acompañamento que se desenvolverán lles permitirán continuar cunha dinámica de crecemento e mellora. O prazo para que se inscriban nesta iniciativa ábrese este mes. Así mesmo, ao longo do ano se organizarán encontros sectoriais para crear unha dinámica de diálogo e coñecemento entre a xuventude e os axentes económicos do territorio, en Galicia pero tamén no norte de Portugal. Así mesmo, estas relacións estableceranse coas empresas galegas e lusas co fin de reforzar o achegamento dos emprendedores novos á realidade do seus tecidos empresariais e que poidan valorizar os seus recursos e potencialidades.Xunto co centro de Curtis, Galicia contará cunha rede de Espazos Emprendedores, emprazados en Carballo, Betanzos, Noia, Pontedeume, Ourense, Chantada, Vilalba, Viveiro, Lalín, Tui e Vilagarcía de Arousa, aínda que esta rede alcanzará tamén o norte de Portugal a través da Oficina transfronteiriza de información xuvenil Galicia – Norte de Portugal sita en Verín e os centros de atención cos que conta o Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude e a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas en Minho- Lima, Cádavo, Ave, Grande Porto, Támega e Alto Tras os Montes.Os Espazos Emprende enmárcanse no proxecto LIDERA, Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo (acrónimo LIDERA), que forma parte da actividade Crece para impulsar o traballo xuvenil en rede. Este proxecto foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave. 

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

- Te recomendamos -