Inicio Galicia A Xunta garante a protección dos menores reforzando o programa de integración...

A Xunta garante a protección dos menores reforzando o programa de integración familiar para atender a 200 familias e 350 menores

0

A Xunta, a través da Fundación Meniños, atende a menores e familias nas que se dean situacións de maltrato ou desprotección cun investimento de 443.500 euros, un 6% máis que en 2017

A Coruña, 1 de outubro de 2018.- O delegado territorial da Xunta de Galicia visitou esta mañá as instalacións que a Fundación Meniños ten na cidade da Coruña dende as cales se xestiona o Plan de Integración Familiar no que a Xunta investirá este ano 443.500 euros para dar cobertura en toda Galicia a 200 familias e 350 menores. O representante do goberno autonómico sinalou que este ano a Xunta aumentou un 6% o orzamento deste programa. Neste senso, apuntou que este programa pasou de contar no 2012 con 380.000 euros ata os 443.500 euros actuais.

Ovidio Rodeiro explicou que está dirixido a menores e familias nas que se dean situacións de maltrato ou desprotección. O proxecto traballa principalmente en tres áreas: reunificación familiar, preservación familiar e funcionalidade familiar.

A través do Programa de Integración familiar axúdase a familias e menores nas que se dean situacións de desprotección, risco e desamparo, realizando actuacións dirixidas a manter aos menores na súa contorna familiar e social ou facilitando a súa reintegración nos casos en que se tivese producido a separación. As actuacións de intervención están centradas en que a familia poida romper a dinámica de deterioración profunda e adquira unha funcionalidade familiar mínima e necesaria.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

O representante do goberno autonómico recalcou que no ano 2017 atendéronse na provincia da Coruña a 100 rapaces a través deste programa e deuse apoio a 64 familias a través das instalacións das cidades de A Coruña e Santiago.

A Fundación Meniños colabora coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social no desenvolvemento dos seguintes servizos e programas:- Puntos de Encontro Familiar de Pontevedra e Coruña.- Programa de intervención con nenos, nenas e adolescentes vítimas de abusos sexuais, que ten por obxectivo o tratamento terapéutico en menores vítimas das diferentes formas de abuso sexual infantil e o asesoramento e acompañamento ás familias e equipos profesionais dos que depende o seu coidado.- Programa de adopcións especiais para a sensibilización da sociedade galega sobre o Programa de Adopcións Especiais como recurso de protección á infancia. A través deste programa lévase a cabo o asesoramento e formación específica dos solicitantes de adopción, así como o seguimento e o apoio continuado durante todo o proceso adoptivo.- Programa de atención ao risco prenatal e perinatal para familias en situación de dificultade social. Este plan está dirixido a mulleres embarazadas e aos seus compañeiros ou persoas significativas permanentes nas que se detecte algún factor de risco. Os obxectivos do programa é xerar un contexto de coidado para as mulleres embarazadas, rebaixar o nivel de estrés e facilitar a creación de condicións prenatais e post parto adecuadas e promover unha contorna adecuada para a nai. 

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

- Te recomendamos -