Inicio Galicia A Xunta fomenta o emprego no rural na provincia de Ourense coa...

A Xunta fomenta o emprego no rural na provincia de Ourense coa contratación de 190 persoas en 85 concellos, 12 deles emprendedores

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver o programa Aprol Rural que inviste 2,1 millóns de euros na provincia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver as axudas de Aprol Rural, unha actuación que se desenvolve por terceiro ano consecutivo co principal obxectivo de incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia. Así, o Goberno galego apoiará con 2,1 millóns de euros a contratación de 190 persoas sen emprego en 85 concellos do rural da provincia ourensá, 12 deles Concellos Emprendedores.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, subliñou a aposta do Goberno galego polo rural nesta liña de axudas, que se traduce no incremento dun 23% do investimento e dun 26,8% das contratacións con respecto ao ano pasado. Ao abeiro deste programa, incentívase a contratación de desempregados, durante 9 meses a tempo completo, para realizar labores de silvicultura, biomasa e limpeza de montes.

Este ano, precisamente, introduciuse como principais novidades que os contratos terán que estar relacionados coa valorización do sector forestal, ao tempo que se priorizaron nestes apoios aos Concellos Emprendedores. É dicir, tiveron prioridade no Aprol Rural as administracións locais que se adheriron ao convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para fortalecer a captación de investimento en Galicia, un acordo enmarcado dentro da nova Lei de implantación empresarial.

Leer más:  Miles de personas demandan a la Xunta desde Santiago que tome medidas ante la "emergencia" del gallego

Máis recursos para os Concellos EmprendedoresNa provincia de Ourense 12 Concellos Emprendedores se beneficiaron destas axudas, en concreto: A Teixeira, Montederramo, San Cristovo de Cea, Oímbra, Cortegada, Quintela de Leirado, Cenlle, Monterrei, Bande, Vilamarín, Cualedro e Pontedeva. Ningún Concello Emprendedor que solicitou a axuda quedou sen ela e, de media, recibiron ao redor de 22.000 euros máis que o resto de concellos beneficiarios (o dobre de axudas) e puideron contratar a dous traballadores máis que o resto de municipios.

Díaz Mouteira lembrou a importancia de que cada vez sexan máis os concellos que se sumen a esta iniciativa co obxectivo de levantar as barreiras ao investimento empresarial para estimular a actividade económica, ao tempo que destacou que na actualidade Ourense é a provincia que conta con máis concellos que dispoñen desta distinción, un total de 31, e outros 24 que están en trámite.

Ademais, a delegada territorial subliñou que, en global, o Goberno galego priorizará este ano máis de 80 millóns de euros para os Concellos Emprendedores a través de diferentes convocatorias de obradoiros e programas integrados de emprego, Aprol Rural e contratación de axentes locais de emprego; parques empresariais, viveiros industriais e biomasa; e apoios aos mercados excelentes e espazos activos de emprendemento.

Leer más:  En Galicia, el número de mujeres víctimas de violencia de género ha aumentado a 1.474 en 2023, según el INE

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Aprol Rural, financiará o equivalente á totalidade dos custos salariais nos contratos, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social segundo estea marcado no convenio colectivo vixente no momento no que o Concello formulou a súa solicitude.

Aprol Rural integrouse no Plan de formación e emprendemento no rural que o departamento de Economía, Emprego e Industria activou por primeira vez o pasado ano con 30 millóns de euros para mellorar as oportunidades laborais do rural e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia, ao tempo que se fixa poboación.  


- Te recomendamos -