Inicio Galicia A Xunta fomenta no IES Macías o Namorado de Padrón os obxectivos...

A Xunta fomenta no IES Macías o Namorado de Padrón os obxectivos de desenvolvemento sustentable co Xeración Responsable

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe nun dos talleres dirixido aos alumnos de primeiro de Bacharelato

Un total de oito institutos galegos están a participar na segunda edición do programa Xeración Responsable, unha iniciativa das consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Educación, Universidade e Formación Profesional coa que se busca difundir os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable impulsados por Nacións Unidas para alcanzar no 2030 un mundo máis sostible.

A secretaria xeral de Emprego Covadonga Toca, participou hoxe un dos talleres que se impartiu no IES Macías o Namorado de Padrón, que estivo dirixido a alumnos e alumnas do primeiro curso de Bacharelato . No obradoiro, os estudantes reflexionaron e debateron sobre igualdade de xénero; un crecemento económico sustentable; a industria, a innovación e as infraestruturas; e a produción e o consumo responsables.

Toca explicou que Xeración Responsable pretende integrar a responsabilidade social nos contidos formativos ao tempo que se fomenta un pensamento máis aberto e innovador. O programa enmárcase na campaña europea Enterprise 2020, liderada en España por Forética que pon o foco no emprego sostible. A Xunta é un dos socios institucionais desta campaña xunto co Ministerio de Emprego e Seguridade Social e os gobernos autonómicos de Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, Illas Baleares, A Rioxa, Madrid, Murcia e Valencia e o Cabildo de Tenerife.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Xeración Responsable púxose en marcha o pasado ano a través dunha experiencia piloto na que participaron 200 alumnos nos talleres realizados nas catro provincias galegas. Os obradoiros acadaron espertar o interese dos estudantes en temas como a igualdade, a protección ambiental, a xeración de novas empresas máis sostibles, a equidade, o consumo e a diversidade.

O programa xa tivo lugar este ano nos IES María Sarmiento (Viveiro), Sanxillao (Lugo), Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) e o IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra). A iniciativa chegará a próxima semana ao instituto Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia) o luns 19; ao IES Politécnico de Vigo, o martes 20; e ao IES Universidade Laboral (Ourense) o mércores 21.

A Administración autonómica, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, está a difundir os valores da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) entre o tecido produtivo axudando ás pemes a implantar unha xestión baseada en comportamentos responsables. Para iso conta con diversos programas e axudas coas que apoiou o pasado ano a preto de 150 pemes, micropemes e autónomos para implantar sistemas de xestión de RSE, políticas encamiñadas a favorecer a igualdade no traballo e adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

A Consellería de Economía, Emprego e Industria neste campo está a investir este ano preto de 1,7 millóns de euros, case un 60% máis que en 2017.

Toca lembrou que Galicia foi pioneira a nivel nacional na aposta pola RSE para acadar un verdadeiro emprego estable e de calidade. De feito, foi en 2012 unha das primeiras comunidades en poñer en marcha un plan específico de RSE. Para a Xunta, en palabras da secretaria xeral de Emprego, a competitividade das empresas crecerá se existe un verdadeiro compromiso coa economía verde e responsable.  


- Te recomendamos -