Inicio Galicia A Xunta financia a adquisición dun vehículo todoterreo para o coidado de...

A Xunta financia a adquisición dun vehículo todoterreo para o coidado de espazos naturais no concello de Pedrafita do Cebreiro

0


A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achegou ao concello de Pedrafita do Cebreiro 22.200 euros para financiar a adquisición dun vehículo todoterreo que utilizará en labores de protección do ambiente e coidado de espazos naturais.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe o municipio e lembrou que este financiamento corresponde á liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, un programa que redistribúe o canon eólico entre iniciativas municipais relacionadas coa conservación e mellora medioambiental.

Balseiro estivo acompañado polo alcalde, José Luis Raposo. O vehículo adquirido é un 4×4 tipo pick up con dobre cabina, apropiado á orografía e ás condicións climatolóxicas do inverno na zona.

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) y se da a la fuga

- Te recomendamos -