Inicio Galicia A Xunta executará o vindeiro verán a obra de remodelación integral do...

A Xunta executará o vindeiro verán a obra de remodelación integral do CEIP virxe do Carme de Burela

0

120

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, avanzou á dirección do colexio e á asociación de nais e pais a intención de anticipar ao final do curso lectivo estes traballos co obxecto de garantir unhas instalacións modernas e renovadas


120

Burela (Lugo), 13 de novembro de 2018.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional executará o vindeiro verán a obra de remodelación integral do CEIP Virxe do Carme de Burela, para a que a Administración autonómica reserva un orzamento de preto de 860.000 euros. Así o avanzou esta tarde o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nun encontro mantido coa dirección e representantes da asociación de nais e pais do alumnado do centro.

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

 Balseiro explicou que desde o Goberno galego consideran prioritario acometer unha actuación deste tipo, logo das correspondentes visitas técnicas e de inspección, para mellorar as instalacións do centro e corrixir as deficiencias detectadas. “As obras son urxentes. Anticiparémolas respecto da data inicialmente prevista. Queremos garantir ao conxunto da comunidade educativa, e moi especialmente pensando nos menores que estudan no centro, que dispoñan dunhas instalacións nas mellores condicións, modernas e renovadas, situación que neste momento non se está dando”.  Debido á magnitude das obras a executar, a intención do Executivo autonómico é acometelas este verán, unha vez remate a actividade lectiva, co obxecto de provocar a menor interferencia posible. Con este fin o Goberno galego xa está tramitando os correspondentes proxectos técnicos e de obra.  En marcha a obra de urxencia Con todo a Xunta ten en marcha, tal e como anunciou, as obras de maior urxencia, dirixidas a corrixir as filtracións de auga nas aulas e espazos de uso lectivo, e que afectan á cuberta, canlóns e baixantes, toda vez que os últimos temporais e un deficiente mantemento municipal contribuíron a agravar a mala situación do centro.  A administración autonómica tamén está en contacto co Concello e a empresa de limpeza para coordinar as labores de limpeza e desinfección e substituirase o mobiliario deteriorado e afectado pola couza por outro novo, xa encargado.  Mellora da eficiencia enerxética O modelo dos traballos a realizar tomará como referencia os proxectos de remodelación e mellora da eficiencia enerxética que a Consellería de Educación xa realizou noutros centros da provincia, como é o caso do CEP Lois Tobío de Viveiro.   En concreto, está previsto unha renovación e modernización global das instalacións dos tres edificios que compoñen o complexo. Actuarase sobre a carpintería exterior e interior (fiestras, portas, persianas e lucernarias), no illado da fachada, substituiranse as luminarias existentes por unhas de baixo consumo e tecnoloxía LED e tamén hai previstos traballos xerais de acondicionamento interior (falsos teitos, reparación e pintado de aulas) e melloras nos aseos, entre outras. 50 aniversario do centro O CEIP Virxe do Carme celebrou no ano 2013 o seu 50 aniversario, en concreto a das antigas escolas unitarias emprazadas neste mesmo recinto que deron orixe ao colexio. Na actualidade está composto por tres edificios independentes e un pavillón polideportivo, todos eles de distinta antigüidade. Neste curso académico presenta unha matriculación de 346 alumnos, dos que 97 están cursando educación infantil e 249 máis estudando educación primaria.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

- Te recomendamos -