Inicio Galicia A Xunta e a Fegamp colaboran na extensión da Administración electrónica aos...

A Xunta e a Fegamp colaboran na extensión da Administración electrónica aos concellos a través do catálogo de servizos dixitais

0

Ambas entidades veñen de asinar un convenio que reforza política de colaboración que manteñen neste ámbito desde 2010

A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias colaboran na extensión da Administración dixital aos concellos poñendo a súa disposición o catálogo de servizos dixitais da Xunta. Así se recolle nun convenio asinado recentemente entre o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.

A sinatura deste acordo dá continuidade á colaboración que estas entidades veñen mantendo desde o ano 2010 para facilitar a dixitalización dos municipios, poñendo a súa disposición un catálogo de servizos dixitais que se ten ido ampliando nestes anos. Os concellos interesados en empregar as solucións da Xunta asinan un acordo de adhesión a través da Fegamp para poder empregalas. O catálogo de servizos dixitais está dispoñible no portal Eido Local, no que se actualizan as novas incorporacións e se ofrece información detallada de cada un deles.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

ServizosO catálogo ofrece un amplo abano de servizo dixitais que abarcan desde os servizos máis básico como as comunicacións ou rexistros a aqueles que esixen as leis 30 e 40/2015 para garantir unha Administración integramente dixital como poden ser a interoperabilidade, a través da Plataforma Pasaxe!, as notificacións electrónicas a través de notifica.gal ou relativos á contratación como a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, os Sistemas de Licitación Electrónica e de Facturación.

Integración progresivaO catálogo de servizos dixitais da Xunta está a facilitar a dixitalización progresiva das entidades locais. No último ano duplicouse o número de concellos que accede plataforma de Contratos de Galicia e un 78% os concellos do espazo de transparencia. O uso das notificacións electrónicas, a través do sistema notifica.gal da Xunta creceu un 34% entre outubro de 2017 e outubro de 2018.

O Catálogo de Servizos Dixitais é unha das iniciativas do Plan de Administración de Goberno Dixital 2020 dentro da aposta da Xunta pola interoperabilidade e a reutilización das plataformas e recursos dixitais, entre os tres niveis administrativos. Para facilitar a prestación conxunta de servizos dixitais, o anteproxecto de lei de Administración dixital de Galicia, en tramitación, prevé a creación dunha Comisión de coordinación interadministracións.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

Grao de implantación da dixitalizaciónO último informe sobre “Administración electrónica nos concellos galegos”, do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito Amtega sinala que o 79,3% dos concellos galegos que dispoñen dun sitio web contan con sede electrónica, o que supón un incremento do 49,9% nos últimos dous anos.

Tres de cada catro concellos con sede electrónica contan con rexistro electrónico, mentres que o procedemento que conta cunha menor implantación na sede electrónica dos concellos é o “Pago electrónico: tributos, multas, etc.”.

O “Rexistro de documentos” e a “Solicitude e obtención de certificados” son os procedementos máis tramitados pola cidadanía dentro dos niveis máis avanzados de interacción. Ademais, o 27,7% de concellos galegos contan cun catálogo de procedementos dispoñible a través de Internet, sendo especialmente significativo entre os concellos con máis de 50.000 habitantes ( 57,1%).


- Te recomendamos -