Inicio Galicia A Xunta difunde os produtos do mar galegos na Feira Seafood Expo...

A Xunta difunde os produtos do mar galegos na Feira Seafood Expo Asia de Hong Kong xunto con seis entidades coexpositoras

0

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica visita hoxe e mañá a feira para apoiar ás seis empresas galegas do eido da pesca presentes neste evento


Os produtos do mar de Galicia están presentes por segundo ano na Seafood Expo Asia, que celebra a súa novena edición e que alberga entre hoxe e o seis de setembro o Hong Kong Convention-Exhibition Centre, no distrito de Wanchai, en China. Alí a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, está hoxe e mañá para apoiar ás seis empresas galegas do eido da pesca que se promocionan neste evento da man da Xunta.

O posto co que conta a Xunta de Galicia nesta feira alberga ás empresas Galician Marine Aquaculture, Pescados Rubén, Congelados Noribérica, Peixemar, Copemar e Anfaco-Cecopesca e conta con 126 metros cadrados de superficie. Ademais nel hai a disposición dos visitantes un sistema de realidade virtual co que poden afondar na Galicia marítima. Este sistema xa se utilizou noutras feiras e tivo moi boa acollida por parte dos visitantes. Grazas a el os usuarios poden coñecer o traballo do marisqueo, dos percebeiros e navalleiros e tamén de modalidades de pesca como o cerco. Ademais poden descubrir como é unha batea.

Leer más:  UPA Andalucía lleva fresas "sanas, seguras y sostenibles" a la Praza do Obradoiro para reivindicar el producto

En canto á Seafood Expo Asia, a directora xeral destacou o valor do lugar no que se celebra, pois Hong Kong importa o 90% dos peixes e mariscos que consume. Neste sentido, incidiu na importancia estratéxica que ten para Galicia estar presente nesta feira, pois é un escaparate para promover a comercialización de produtos de calidade como os galegos no mercado asiático.

Ademais Mercedes Rodríguez puxo en valor a importancia da realización de accións de promoción, como a asistencia a feiras nacionais e internacionais para difundir os produtos do mar e o saber facer de Galicia neste eido máis alá das nosas fronteiras, sinalou.

Con este obxectivo, no marco da feira Seafood Expo Asia, as empresas galegas protagonizan demostracións gastronómicas e degustacións. Así, hoxe celebráronse diferentes demostracións gastronómicas no espazo Demostration Theater, que incluíron presentacións das distintas empresas e showcookings realizados polos chefs Kike Piñeiro, do restaurante A Horta do Obradoiro (Santiago), e Emma Pinal, de Gastrobar o Birrán (Rivadabia), que fusionaron ingredientes de oriente e de occidente nas súas elaboracións e enxalzaron a calidade, as propiedades nutritivas e a versatilidade gastronómica dos produtos comercializados por empresas galegas que participan neste evento. A estas demostracións asistiu o Cónsul general de España en Hong Kong, Miguel Bauzá.

Leer más:  UPA lleva fresas "sanas, seguras y sostenibles" a la Praza do Obradoiro para reivindicar el producto

A maiores, no posto da Xunta, tamén se celebra hoxe unha degustación de abalón fresco a cargo de Galician Marine Aquaculture e mañá este posto albergará outras tres degustacións con receitas que tamén elaborarán os chefs Kike Piñeiro e Emma Pinal. Unha de mexillón, lubina, bacallao e rodaxa de quella, de Congelados Noribérica; outra de conservas de atún, mexillóns e sardinillas, de Anfaco-Cecopesca, e a terceira será de lura, pota e peixe reloxo alaranxado, a cargo de Copemar. Por último, o xoves, o posto da Xunta albergará unha cata de lombos de pescada e cogombro de mar, ofrecida por Pescados Rubén.

A Seafood Expo AsiaA Seafood Expo Asia é unha feira anual que se celebra en Hong Kong, un destino estratéxico situado a menos de catro horas dos puntos neurálxicos de negocios máis importantes de toda Asia, de aí que se celebre neste lugar. Está considerada como a homóloga da Seafood de Bruxelas para o mercado asiático. É unha feira que ascende ano tras ano no seu posicionamento, converténdose nun referente para todas aquelas empresas do sector que teñen entre os seus obxectivos a introdución dos seus produtos no mercado asiático. Na pasada edición da feira participaron un total de 240 empresas coexpositoras de 30 países.

Leer más:  María Rey de APM solicita realizar un "ejercicio de autocrítica" y destaca la importancia de la credibilidad en el periodismo

- Te recomendamos -