Inicio Galicia A Xunta destina preto de 162.000 euros a mellorar as infraestruturas do...

A Xunta destina preto de 162.000 euros a mellorar as infraestruturas do polígono de Reboredo, en Monforte de Lemos

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego tamén facilitará este ano o acceso a internet con redes ultrarrápidas neste parque


A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou nos últimos meses preto de 162.000 euros a mellorar as infraestruturas do polígono industrial do Reboredo, en Monforte de Lemos.

Así, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou hoxe que a Xunta destinará máis de 118.200 euros a sufragar obras na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). As convocatorias de axudas da Consellería aplican por primeira vez este ano o criterio de preferencia para os denominados Concellos Emprendedores, é dicir, aqueles adheridos ao convenio entre Xunta e Fegamp para impulsar a captación de novos investimentos empresariais, entre os que se atopa Monforte de Lemos.

As melloras propostas na EDAR consisten na instalación dun novo tratamento de aereación con fangos activos que mellorará de forma importante o volume de auga residual efectivamente tratada e tamén o funcionamento xeral do sistema. Así mesmo, habilitarase un pequeno edificio auxiliar.

Leer más:  El hombre que se atrincheró en su casa de Carballo tras disparar a otro el pasado miércoles ha sido enviado a prisión sin fianza

Balseiro, acompañado polo alcalde, José Tomé, comprobou tamén as reformas realizadas na iluminación pública, cunha axuda de 43.600 euros da Xunta. En ambos casos, a consellería achega o 80 por cento do custo das actuacións.

Así mesmo, o delegado lembrou que nos próximos meses a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) facilitará no polígono o acceso a internet con redes ultrarrápidas, servizo xa despregado recentemente no Porto Seco.

As empresas do polígono de Reboredo poderán contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

O delegado explicou que a Xunta “traballa para incrementar a competitividade das empresas galegas, dando resposta ás novas necesidades en materia de infraestruturas, servizos e comunicación, e facilitando servizos de calidade que melloren a eficiencia do tecido empresarial”.


- Te recomendamos -