Inicio Galicia A Xunta destina máis de 31 millóns de euros en dous anos...

A Xunta destina máis de 31 millóns de euros en dous anos á mellora de estradas da provincia de Lugo

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que neste período acometéronse 48 actuacións por valor de preto de 15M€, aos que se engade o plan de mantemento e conservación invernal


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinou un orzamento de máis de 31 millóns de euros a actuacións de mellora e conservación de estradas autonómicas na provincia de Lugo entre o ano 2017 e o presente 2018.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, compareceu hoxe para facer balance das actuacións que está a levar a cabo a Administración galega co obxecto de manter a rede viaria en óptimas condicións, ademais de informar sobre proxectos nos que está traballando o departamento autonómico de Infraestruturas.

Balseiro destacou, por unha banda, que neste período a Xunta acometeu 48 proxectos de mellora e conservación de estradas que supuxeron un investimento de case 15 millóns de euros. Algúns deles xa están executados e outros atópanse actualmente en execución ou na fase de redacción do documento técnico da obra.

Por outro lado, explicou que a esta achega hai que engadir as actuacións de mantemento que se realizan a través do contrato de vialidade invernal das Zonas Norte e Sur da provincia de Lugo, que suman un orzamento de 16,2 millóns de euros nas dúas anualidades.

Leer más:  Prado dirigirá la campaña gallega y estaría "encantada" de que el PP cuente con Millán Mon y "algunos gallegos más"

Plan de mellora de estradasNo marco do plan de mellora de estradas, a Administración galega impulsou durante o ano 2017 unha vintena de grandes proxectos na provincia de Lugo, que mobilizaron un investimento de 6,3 millóns de euros. As maior parte dos recursos foron destinados aos proxectos de reforzo de firmes.

Entre eles, destacan pola súa contía as obras de mellora que executou a Xunta na estrada LU-621 entre A Pobra de San Xiao (Láncara) e Baralla (1,2 millóns de euros). Un investimento similiar a este último supuxo a actuación na LU-124, tramo Lindín (A-8)– Cruz da Cancela, que beneficia aos concellos de Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova e A Pastoriza. Dada a súa envergadura, esta obra segue en execución na actualidade. Pola súa banda, as obras da LU-612 entre Lousada e Ferreira (Portomarín), foron obxecto dun investimento de preto dun millón de euros o ano pasado.

Durante o presente ano 2018, a Xunta promove 28 grandes proxectos de mellora de estradas lucenses, cun orzamento de 8,5 millóns de euros. A maior parte do investimento vai dirixido a actuacións de rehabilitación de firmes de vías (5 millóns).

Entre as obras financiadas con cargo a este orzamento, destacan pola súa contía as da estrada LU-133 Reme-Vilamar, entre Barreiros e Ribadeo (1 millón de euros); a rehabilitación da LU-642 entre Oural e Ferrería do Incio (máis de 600.000 euros) e a construción de dúas rotondas en Monforte de Lemos, na LU-664 (máis de 300.000 euros).

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

Balseiro sinalou que actualmente están en fase de licitación tres actuacións. Unha delas é a da LU-124 entre Riotorto e Vilameá (A Pontenova), cuxa execución completará a renovación integral da estrada que une A Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto e A Pontenova e que ten un orzamento de 604.000 euros.

A segunda actuación en fase de contratación é a primeira fase da obra na estrada da Gañidoira (LU-540), cun investimento de 457.000 euros e que beneficiará aos concellos de Viveiro, Ourol, Muras e Xermade.

Por último, o delegado referiuse ás melloras na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), para a que se destinan 337.000 euros e que están tamén en proceso de licitación.

Futuras actuaciónsAdicionalmente aos investimentos anteriores, e como previsións de futuro o delegado territorial destacou algúns dos proxectos de maior envergadura que ten en marcha a Consellería de Infraestruturas e Vivenda na provincia de Lugo. Balseiro subliñou que a Xunta ten previsto acometer o desdobramento do corredor Lugo-Sarria, que suporá converter en autovía un tramo de 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao (Láncara), O Páramo e Sarria. O orzamento estimado para esta obra é de 23 millóns de euros.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

Balseiro explicou tamén que a Consellería mellorará 19 quilómetros da LU-631 entre Friol e Palas de Rei, cun orzamento estimado de 6 millóns de euros; e ten actualmente en período de licitación a reforma da LU-651 entre Folgoso e Seoane en cuxa primeira fase está previsto investir 2 millóns de euros.

Finalmente, o delegado subliñou que hai reservados 4,5 millóns para a conexión do porto seco de Monforte de Lemos coa estrada N-120.

Plan de mantemento e vialidade invernalA estes recursos hai que engadir o investimento anual no plan de mantemento e vialidade invernal, a través do cal a Xunta executa obras de conservación e mantemento de estradas e o plan especial durante o inverno. O dispositivo posto en marcha o ano pasado estivo operativo dende o 1 de novembro ata o 30 de abril e mobilizou a 118 profesionais e 1.740 toneladas de reservas e fundentes (sal e salmoira).

Dentro das actuacións promovidas pola Consellería na provincia destaca así mesmo o plan de sendas, que permitirá crear seis novos itinerarios peonís e ciclistas en Lugo: LU-633 Camiño Francés en Portomarín (1Km), LU-612 Antiga estrada a Santiago Toiriz (Lugo 1,9 km), LU-107-127-111 en Rábade, Begonte (2,5 Km), LU-115 en Outeiro (1,3 km), LU-231 en Friol (0,6Km) e LU-621 en Láncara (0,5Km).


- Te recomendamos -