Inicio Galicia A Xunta destaca que a cualificación á carta das unidades formativas dá...

A Xunta destaca que a cualificación á carta das unidades formativas dá resposta aos novos perfís profesionais que demandan as empresas

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe unha xuntanza con compañías beneficiarias deste programa


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe na cidade lucense unha xuntanza con empresas beneficiarias da primeira convocatoria deste ano das axudas da Xunta para a posta en marcha de Unidades Formativas, unha iniciativa coa que se está a dar resposta aos novos perfís profesionais que están xurdindo do novo modelo económico baseado nas novas tecnoloxías. Á reunión tamén asistiron representantes da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e da Confederación Española de Empresas de Formación (Cecap-Galicia).

Marnotes destacou a importancia deste programa porque ofrece cualificación á carta que elixe e imparte a propia empresa e avanzou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a segunda convocatoria destas axudas por valor de 4 millóns de euros para formar a 2400 traballadores e persoas sen emprego en 245 unidades formativas. O prazo para solicitar as axudas remata o próximo 6 de agosto. Nas unidades para desempregados investiranse 1,8 millóns para formar a 900 parados a través de 60 unidades. Doutra banda, para cualificar a 1500 ocupados destinaranse 2,25 millóns de euros para poñer en marcha 185 cursos.

Leer más:  La lista de 500 pequeños municipios que prestarán asistencia a mayores por la Renta ha sido publicada por Hacienda, siendo 50 de ellos en Galicia

Con esta iniciativa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia o 100% da formación. No caso do programa para desempregados, a actuación inclúe por parte do tecido empresarial un compromiso de contratación de polo menos o 40% dos alumnos e alumnas que participen na medida, polo que na segunda edición un mínimo de 360 persoas recibirán un contrato laboral.

A Xunta, ademais, apoia ás compañías nas contratacións cando superen o compromiso fixado do 40%. Os contratos indefinidos financiaranse con axudas de entre 7000 e 16.000 euros. As contías máximas outórganse para os colectivos con especiais dificultades para atopar un emprego como son os parados de longa duración, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, mulleres, maiores de 45 anos e emigrantes retornados. Tamén se bonifica con máis apoio nas contratacións cando a empresa está emprazada no rural galego.

O principal requisito das Unidades Formativas na Empresa para ocupados é que as empresas pertenzan a algún dos sectores considerados estratéxicos na Axenda Industria 4.0. As áreas máis destacadas son silvicultura, transformación da madeira, fabricación de compoñentes electrónicos e ordenadores, automoción, naval, aeronáutica, fabricación de mobles, edición de programas informáticos e telecomunicacións e actividades relacionadas coa informática.

Leer más:  El PP solicitará al Parlamento gallego que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para la gestión del litoral

A primeira convocatoriaGrazas á primeira edición desta iniciativa poranse en marcha nas próximas datas, cunha axuda de 5,4 millóns de euros, un total de 332 unidades formativas en 83 empresas galegas para cualificar á carta a 3200 traballadores e persoas desempregadas. Deste xeito, recibirán cualificación especializada máis de 1000 persoas do sector naval a través de 139 cursos; máis de 800 da automoción en 66 unidades; 430 do sector TIC por medio de 51 accións; e preto de 340 no metal en 31 unidades. Así mesmo, outros sectores emerxentes e estratéxicos da economía galega que contarán con cualificación á carta son o aeronáutico, o forestal, a pedra e a lousa, o téxtil, o sociosanitario, as enerxías renovables, o de conservas e o vinculado ao plástico e envases. Na provincia de Lugo levaranse a cabo unidades nos sectores de plásticos e envases, TIC, automoción e forestal.

O Goberno galego, en global, a través das dúas convocatorias deste programa, apoiará cun orzamento de 9,5 millóns de euros a formación de 5600 persoas a través de 577 cursos.

Leer más:  Las Xuventudes Socialistas critican que Rueda no haya llegado al máximo en la gratuidad de las matrículas universitarias

Trátase, en palabras de Marnotes, do programa de formación á carta que se imparte en empresas más ambicioso de todo o Estado e que se enmarca na Axenda 20, a folla de ruta coa que a Xunta está impulsando o emprego estable e de calidade.

De feito, a proposta das propias firmas, a través da primeira convocatoria, deseñáronse 27 programas de formación á carta que foron aprobados polo Estado. Así, grazas á iniciativa da Xunta, hai 27 novos itinerarios formativos, axeitados ás necesidades produtivas, que agora terán validez en toda España. Cabe destacar dúas novas especialidades de soldadura e unha programación avanzada en robótica industrial e técnicas de automatización.


- Te recomendamos -