Inicio Galicia A Xunta destaca os programas de formación para o emprego para adaptar...

A Xunta destaca os programas de formación para o emprego para adaptar os perfís da mocidade ás necesidades das empresas

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Vigo na presentación do estudo ‘Necesidades laborais das empresas’ levado a cabo polo foro de investigación Educa 2020

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou hoxe que a formación de calidade adaptada ás necesidades reais das empresas é “unha prioridade constante” para a Xunta que traballa neste reto co obxectivo de que o tecido empresarial galego siga gañando en competitividade. Así o salientou en Vigo na presentación do estudo Necesidades laborais das empresas desenvolto polo foro de investigación periodístico Educa 2020, que entrevistou a 2500 empresas (160 en Galicia) para coñecer os perfís profesionais que están demandando as compañías en España e, deste xeito, axudar aos máis novos a adaptar os seus estudos ás demandas das compañías.

Toca salientou a importancia do traballo conxunto entre empresas e administracións para adecuar a cualificación dos mozos e mozas e mesmo dos traballadores en xeral para dar resposta á cuarta revolución industrial. Neste senso, indicou que a Xunta xa iniciou unha transformación das actuacións en formación para o emprego cara á especialización, tendo en conta ao sector produtivo comarcal e dando prioridade aos plans de formación centrados nos sectores estratéxicos e dirixidos tanto a persoas desempregadas como desocupadas.

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) y se da a la fuga

Así, a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a investir este ano 135 millóns de euros en actuacións de formación e orientación poñendo o acento na formación para dar resposta ao novo escenario tecnolóxico e poder, deste xeito, contar con persoal máis e mellor cualificado.

A secretaria xeral de Emprego puxo en valor os programas que está desenvolvendo a Administración autonómica neste ámbito, lembrando que a formación adaptada ás necesidades do tecido produtivo é unha prioridade.

Así, a Xunta apoia na actualidade un paquete de 1500 cursos de formación en centros homologados para beneficiar a 23.000 profesionais en activo dos sectores tradicionais e doutros emerxentes como o aeronáutico ou o do benestar. Do global, un total de 4500 traballadores de Vigo e a súa contorna de ámbitos do naval, a automoción, a hostalería, a pesca ou as enerxías renovables xa teñen a posibilidade de participar nestas accións formativas que se desenvolven en centros homologados.

Outros programas da Consellería de Economía, Emprego e Industria centrados en formación adaptada ás necesidades do tecido empresarial son as Unidades Formativas na Empresa ou o Emprega Xuventude.

Coas Unidades Formativas na Empresa, ás que se destinan este ano 6,35 millóns de euros, cualifícanse a desempregados con formación á carta na propia empresa, que ten que comprometerse a un mínimo de contratación; e a traballadores de empresas de sectores estratéxicos. como o naval, a silvicultura, transformación de madeira, fabricación de compoñentes electrónicos e ordenadores, automoción, aeronáutica, fabricación de mobles, edición de programas informáticos e telecomunicacións e actividades relacionadas coa informática.

Leer más:  La Diputación de Pontevedra rechaza a Sánchez en una sesión en la que el PSOE abandonó acusando al PP de ser "peones de Feijóo"

Para incrementar as oportunidades de traballo da mocidade, está en marcha o programa Emprega Xuventude, que a Xunta ampliou este ano a todos os sectores de actividade (en 2017 foi unha experiencia piloto dirixida ás empresas da Industria 4.0 e a agroalimentación) e co que pretende apoiar a contratación de 300 menores de 30 anos.

Obradoiros duaisAdemais, máis de 2350 persoas sen emprego poderán participar este ano nos obradoiros de emprego, tanto nos programas duais como nos específicos para a mocidade. O prazo de solicitude para participar nas dúas iniciativas está aberto ata o 25 de xuño.

No caso dos obradoiros duais, o obxectivo é poñer en marcha, cun investimento de 29,6 millóns de euros, 100 programas, que combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa. O que se busca é favorecer a empregabilidade de 2000 desempregados galegos, tendo prioridade os obradoiros vinculados ao eido forestal e ao Camiño de Santiago.

Leer más:  La lista de 500 pequeños municipios que prestarán asistencia a mayores por la Renta ha sido publicada por Hacienda, siendo 50 de ellos en Galicia

No caso dos obradoiros de emprego dirixidos especificamente á mocidade, a Xunta inviste 3,4M€ para beneficiar a máis de 350 desempregados menores de 30 anos que teñen que estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Con este orzamento, prevese a posta en marcha de 22 obradoiros. Estes programas combinan a formación coa realización dun traballo específico, un contrato de aprendizaxe durante 9 meses.

En resumen, e, en palabras de Toca, os mecanismos da Xunta centrados na formación para o emprego buscan favorecer o acceso ao mercado laboral dos galegos e galegas adaptando a súa cualificación ás necesidades reais das empresas co obxectivo de que os traballadores e traballadoras consigan un emprego estable e de calidade, o obxectivo principal da Axenda 20, a folla de ruta da Xunta en materia laboral.


- Te recomendamos -