Inicio Galicia A Xunta destaca o impulso das iniciativas de posta en valor e...

A Xunta destaca o impulso das iniciativas de posta en valor e salvagarda das embarcacións tradicionais

0

A directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua; e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participaron esta mañá no acto conmemorativo dos 25 anos da Fundación Culturmar, celebrado no Museo do Pobo Galego. Ambas as dúas destacaron a importancia de impulsar iniciativas de posta en valor das embarcacións tradicionais para salvagardar o patrimonio cultural, así como para potenciar o marítimo e tamén o turismo mariñeiro.

A responsable do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo explicou que a declaración de ben de interese cultural desta manifestación do patrimonio inmaterial é a imaxe do seu valor e da súa importancia na conformación da identidade do pobo galego. O obxecto deste recoñecemento é involucrar á administración na execución das medidas de salvagarda para o seu mantemento e a súa difusión.

Pola súa banda, Susana Rodríguez trasladou o apoio firme da Administración ao impulso de iniciativas de protección e posta en valor das embarcacións tradicionais. Ao tempo, enxalzou a exposición de embarcacións en madeira localizada na Praza do Obradoiro que homenaxea aos carpinteiros de ribeira e á frota tradicional.

Leer más:  El PPdeG solicitará en el Parlamento que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para administrar el litoral

- Te recomendamos -