Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia do sector do tempo libre para mellorar...

A Xunta destaca a importancia do sector do tempo libre para mellorar a competencia profesional da mocidade galega

0

A administración autonómica colabora con Néboa na realización de cursos de monitor de actividades de tempo libre e esta escola desenvolverá este verán un campo de traballo internacional de carácter medioambiental no concello das Pontes

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe un encontro de traballo con responsables da escola de tempo libre Néboa de Neda (A Coruña), co obxectivo de abordar cuestións de interese para a mocidade da área de Ferrolterra.

Durante o encontro, Rey Varela subliñou a importancia do sector do tempo libre e das iniciativas de educación non formal como cursos de monitores que permiten contar con profesionais de primeiro nivel. Este tipo de actividades reafirman o compromiso do goberno galego coa empregabilidade da mocidade galega ao estar orientadas ao emprego.

Neste sentido, no transcurso da reunión lembrouse que neste 2018 Néboa xa realizou dous cursos de monitor de actividades de tempo libre en colaboración coa Xunta de Galicia en Pontedeume e Valdoviño. Así mesmo, está prevista a realización dun curso de director de campos de traballo en decembro no concello das Pontes.

Leer más:  Devuelven unos 4.000 euros que escupió un cajero automático en Lalín (Pontevedra) después de que un vecino los ingresase

Cómpre destacar que Néboa tamén participou na campaña de verán de 2017 coa celebración dun campo de traballo internacional de carácter medioambiental que se repetirá este ano na súa segunda edición nas Pontes do 19 ao 30 de xullo. Este campo de traballo acollerá a un total de 20 voluntarios e voluntarias galegos, doutras comunidades autónomas e do estranxeiro.

Así mesmo, a Xunta colaborou coa escola no I Congreso de ocio, tempo libre e turismo activo Proxecto Eduka, celebrado nas Pontes (A Coruña) en xaneiro deste ano, cun stand formativo de difusión das actividades da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e no que se investiu 3500 euros.

A Xunta de Galicia expide as titulacións oficiais de directores e monitores de actividades de tempo libre e de campos de traballo, acreditando a labor de 75 escolas de tempo libre que hoxe en día figuran no rexistro da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Desde a creación da Consellería de Política Social en 2015, expedíronse 5484 títulos de monitores de actividades de tempo libre, 238 de director de actividades de tempo libre e outros 42 de directores de campos de traballo.

Leer más:  Felipe VI recibirá a Rueda en Zarzuela el martes

- Te recomendamos -