Inicio Galicia A Xunta destaca a formación dos axentes xudiciais no eido tecnolóxico e...

A Xunta destaca a formación dos axentes xudiciais no eido tecnolóxico e na ciberseguridade como garante dun servizo máis seguro e eficaz

0

O vicepresidente da Xunta e a directora da Amtega, participaron xunto ao presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica Informática, na inauguración da VIII Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou a importancia da formación no eido tecnolóxico e na ciberseguridade para os axentes xudiciais como garante dun servizo máis seguro e eficaz e que poidan contar cos coñecementos necesarios sobre os últimos avances e ferramentas na investigación dos delitos e na nova realidade tecnolóxica.

Alfonso Rueda participou esta mañá na inauguración da VIII Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos, xunto a directora da Amtega, Mar Pereira; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín; e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica Informática, Marcos Mata. As xornadas que hoxe teñen lugar na Cidade da Cultura afondan e fomentan o debate e a reflexión sobre a situación das tecnoloxías da información na Administración de Xustiza, para poder avanzar na súa modernización.

Para a Administración de Xustiza a evolución tecnolóxica ten enormes potencialidades, polo que o Goberno galego segue apostando de xeito claro e contundente polo uso das nova tecnoloxías na Xustiza, un obxectivo no que a Xunta se ten involucrado coa posta en marcha do Plan Senda, que conta cun investimento de case 50 millóns de euros para dotar aos xulgados galegos de novas tecnoloxías.

Leer más:  El PSOE de Santiago de Compostela confía en que Besteiro cuente con la ciudad en su proyecto para el PSdeG

Do mesmo xeito, é precisa a implicación de todos na loita contra a ciberdelincuencia, outro dos temas que se tratan nas Xornadas, xa que a acción policial, xudicial e de todas as Administracións públicas debe ir da man e estar coordinadas para facer fronte a estes fenómenos.

Mar Pereira fixo fincapé nos esforzos para dixitalizar a Xustiza, que xunto coa adaptación das Administracións públicas ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos, e a formación pública e gratuíta e as actividades de divulgación no uso seguro da rede son as liñas en marcha da Xunta para impulsar a ciberseguridade. 


- Te recomendamos -