Inicio Galicia A Xunta de Galicia incrementou desde 2015 as axudas ás escolas infantís...

A Xunta de Galicia incrementou desde 2015 as axudas ás escolas infantís de iniciativa social nun 13%

0

A escola, con 156 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, recibiu máis de 105.000 euros por parte do goberno autonómico para o seu mantemento


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, realizou unha visita á escola infantil Escolas populares gratuítas en Coruña, un centro de iniciativa social subvencionado pola Administración autonómica que presta atención a 156 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos.

González destacou o importante papel que desenvolven as escolas de iniciativa social (EPIS) no fomento da conciliación da vida laboral e familiar, nas que se presta un servizo de calidade e cos mesmos prezos públicos en atención educativa que os centros da rede galega de escolas infantís da Galiña Azul.

A titular do departamento autonómico lembrou que desde a creación da Consellería de Política Social, o apoio económico ás EPIS aumentou nun 13%, pasando dos algo máis de 3 millóns de euros en 2015 aos 3,4 no presente ano. Esta medida permitiu conceder este curso achegas a 48 centros e sustentar con fondos públicos 2710 prazas en toda a xeografía galega. Neste sentido, en 2018 esta escola coruñesa recibiu no 105.268 euros para contribuír ao mantemento do servizo que presta (20.168 euros máis que no 2017).

Leer más:  Rueda está de regreso de Argentina con metas cumplidas: hacer visibles a las pesqueras gallegas y establecer canales de contacto

Ademais, no 2017 a Xunta concedeu á escola unha axuda de 5.552,13 euros destinados á mellora das infraestruturas e o equipamentoAsí mesmo, a directora xeral fixo referencia ás actuacións de mellora destes centros de iniciativa social subvencionadas polo Executivo autonómico a través dunha liña de axudas dotada dun crédito de 600.000 euros procedente en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Estas axudas son unha mostra máis do compromiso da Xunta coa calidade da atención educativa na primeira etapa da aprendizaxe, así como coa vontade de que as familias galegas dispoñan dos mellores recursos de conciliación para os seus fillos e fillas. Grazas a esta aposta, a escola que hoxe visitou Amparo González recibiu 5.552,13 euros para a mellora da infraestrutura e para equipamento.

A Xunta tamén dirixe achegas económicas para obras de adecuación e mellora de escolas infantís en concellos e EPIS cun investimento de algo máis de 1,3 millóns de euros, tamén procedente en parte de fondos Feder.

Cómpre destacar que, na provincia da Coruña, a Xunta de Galicia realiza neste 2018 unha inversión de 1,1 millóns de euros para o mantemento dun total de 19 EPIS, o que supón un incremento do 14% con respecto ao ano pasado.

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva acusa a la Xunta y al Estado "Es indignante"

Bono ConciliaA Xunta ven de abrir o prazo de presentación de solicitudes para beneficiarse Bono Concilia no curso 2018-2019. Trátase dunha axuda dirixida a aquelas familias que residan nun concello onde non existen centros sostidos con fondos públicos, así como a aquelas que non obtiveran praza nas escolas infantís de 0 a 3 anos da rede autonómica ou dependentes dos concellos. Desta maneira, os pais e nais cuxos fillos ou fillas quedaran en lista de agarda nestes centros contarán cunha subvención para sufragar o custo da escola infantil que consideren oportuno. Ademais, esta edición contempla como novidade a prioridade no acceso das mulleres vítimas da violencia de xénero que residan en concellos onde non existan escolas infantís de 0 a 3 anos que reciban achegas públicas e o seu dereito a cursar a petición fóra de prazo ordinario.

Así, esta nova convocatoria conta cun crédito inicial de 3.489.200 euros, que se incrementará se é preciso para atender a todas as solicitudes ao igual que aconteceu no presente curso, no que, partindo desta mesma cantidade, finalmente se ampliou ata superar os 4,2 millóns de euros. A contía da axuda que se percibirá por cada praza de xornada completa oscila entre os 45 euros mensuais para as rendas máis altas e os 250 euros para as rendas máis baixas, con comedor incluído. A media xornada oscila entre os 22,50 e os 125 euros. A achega abonarase mensualmente de xeito directo ás familias e para ser beneficiarias, as persoas solicitantes deben ter unha nena ou neno nado con posterioridade ao 31 de decembro de 2015.

Leer más:  Rueda pide que Puente se disculpe a la brevedad por sus comentarios inapropiados sobre Milei

As persoas interesadas, poderán pedir esta achega ata o día 3 de agosto e as solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial.  


- Te recomendamos -