Inicio Galicia A Xunta de Galicia impulsa a socialización das persoas maiores en contornas...

A Xunta de Galicia impulsa a socialización das persoas maiores en contornas rurais

0

A Administración autonómica inviste nesta entidade 13.000 euros para a realización de actividades de inclusión social e prevención da exclusión territorial; así como diversos obradoiros dirixidos ás persoas maiores

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, coñeceu hoxe de primeira man as instalacións e actividades que desenvolve a Fundación Eduardo Pondal, entidade comprometida coas persoas maiores e co rural galego.

Ao longo deste ano e coincidindo co centenario do falecemento de Eduardo Pondal, a entidade programou unha serie de actividades interxeracionais como o taller de cestería tradicional, co que colabora a Consellería de Política Social. Ademais, a Administración autonómica presta apoio económico para realizar outras actividades de inclusión social e prevención da exclusión territorial, así como obradoiros específicos para as persoas maiores. En total, a inversión ascende a 13.000 euros.

Cómpre destacar que a Fundación Eduardo Pondal ten en marcha un proxecto piloto da Universidade rural que se fomentan valores como a solidariedade e a interacción social.

Durante a visita, Arturo Parrado agradeceu o labor da entidade e destacou que “é de vital importancia para evitar a exclusión dotar ás persoas maiores do rural de instrumentos para a participación social, tal e como fai a Fundación Eduardo Pondal”.  

Leer más:  Se ha logrado controlar un incendio forestal en Avión (Ourense) que ha afectado aproximadamente 20 hectáreas

- Te recomendamos -