Inicio Galicia A Xunta de Galicia destaca a relevancia das persoas maiores na sociedade...

A Xunta de Galicia destaca a relevancia das persoas maiores na sociedade na Festa de Maiores de Santa Comba

0

O titular autonómico departiu cos asistentes e lembrou os programas e servizos a disposición deste colectivo para fomentar o envellecemento activo e os hábitos de vida saudables

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu hoxe á festa dos maiores de Santa Comba onde tivo a oportunidade de departir cos asistentes e escoitar as súas necesidades e demandas.

Durante a súa intervención, Rey Varela lembrou a importancia das persoas maiores na construción da sociedade moderna e do benestar de hoxe, engadindo que teñen un papel fundamental no pasado, presente e futuro da nosa comunidade. “Sodes as nosas árbores máis lonxevas e a vosa sabedoría, experiencia e saber facer son os mellores froitos dos que se nutren as novas xeracións”, afirmou o conselleiro.

Así mesmo, o titular autonómico fixo referencia aos múltiples servizos que o departamento autonómico que representa pon a disposición das persoas maiores para fomentar o envellecemento activo e os hábitos de vida saudables como a mellor maneira de previr situacións de dependencia.

Neste sentido, Rey Varela fixo alusión aos programas de benestar en balnearios, mediante o cal se ofertan estadías e tratamento termal para maiores; e xuntos polo Nadal, dirixido a aquelas persoas maiores que se atopan soas durante as datas de Nadal.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

Trátase de programas que se enmarcan na Estratexia galega de envellecemento activo, que xorde coa vontade de dar resposta ao incremento da esperanza de vida media en Galicia. “Con ela, reforzamos o compromiso co benestar das persoas maiores e tamén das persoas con discapacidade, ambos colectivos prioritarios para o goberno galego”, explicou Rey Varela.

O titular da carteira social indicou que o compromiso con este colectivo por parte do Goberno galego ponse de manifesto no incremento en máis dun 11% dos orzamentos da área de maiores para 2018 con respecto ao ano pasado, chegando aos 309 millóns de euros. Unha maior disposición de recursos que, segundo explicou o conselleiro, permite consolidar a rede de prazas residenciais e de atención diúrna, potenciar o Servizo de Axuda no Fogar a Dependentes (SAF) ou ampliar a ratio de atención a persoas dependentes ata situalo no 83,5%.


- Te recomendamos -