Inicio Galicia A Xunta de Galicia asesorou a máis de 1000 mozos e mozas...

A Xunta de Galicia asesorou a máis de 1000 mozos e mozas a través de 173 incubadoras de proxectos

0

Trátase dunha iniciativa que estivo destinada a concellos, asociacións e grupos informais de rapaces e rapazas que recibiron de forma presencial información sobre convocatorias de educación non formal e asesoramento para as súas ideas


A Xunta de Galicia atendeu a 1083 mozos e mozas nas 173 incubadoras de proxectos que se desenvolveron entre os meses de maio e xuño.

Trátase dun servizo que estivo destinado aos concellos, asociacións e grupos informais de rapaces e rapazas interesados en recibir de forma presencial, a través dun obradoiro práctico, información sobre as convocatorias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no ámbito da educación non formal, así como asesoramento para darlle forma ás súas ideas, proxectos e iniciativas.

Nas incubadoras de proxectos expuxéronse os requisitos de solicitude e principais características dos programas Iniciativa Xove, Galeuropa, Deseñando o teu futuro e ordes de axudas destinadas ás entidades de acción voluntaria. As cifras finais demostran un alto interese do tecido asociativo galego por esta iniciativa así como dos centros de ensinanza.  

Leer más:  Navalia empezará el 21 de mayo en Vigo con la participación de 533 expositores y más de 1.000 marcas

- Te recomendamos -